Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Benestar:

24/01/20 | 14:58 | C. do Medio Rural; C. de Sanidade

Profesionais do Hospital Meixoeiro plantan 30 carballos para conmemorar os 30 anos de historia deste hospital

Representantes das principais categorías profesionais, sindicatos, persoal xubilado e asociacións de pacientes, plantaron hoxe unha árbore como “símbolo de vida e esperanza”

24/01/20 | 13:25

A Consellería de Medio Ambiente e o Concello da Lama completan a construción dunha gran área de recreo na parroquia da Xesta

A conselleira Ángeles Vázquez visitou esta mañá o municipio pontevedrés para coñecer o resultado dos traballos na zona, cun investimento total de 55.000 euros

24/01/20 | 12:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta vén de mellorar a estación de tratamento de auga potable de Canaval, en Sober, cun investimento de 32.000 euros

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, lembrou que recentemente tamén rematou no municipio a ampliación da rede de saneamento aos núcleos de Ferrón, Suairexa e O Piñeiro, cun investimento de 243.000 euros

23/01/20 | 13:13

Medio Ambiente mobilizará este ano un millón de euros para erradicar uns 150 puntos de vertido incontrolado en toda Galicia

As actuacións a executar enmárcanse dentro dunha campaña continuada da Xunta para axudar aos concellos no cumprimento das súas competencias en materia de residuos urbanos e contribuír a eliminar este tipo de focos de contaminación

23/01/20 | 12:15

A Xunta de Galicia mantén en 2020 a rebaixa do canon para o tratamento dos residuos domésticos en Sogama

O Diario Oficial de Galicia publica a Resolución pola que se establece o importe do canon unitario anual de tratamento por tonelada de lixo no Complexo medio ambiental de Cerceda

22/01/20 | 12:42

Ángeles Vázquez subliña en Fitur o incalculable valor das seis reservas da biosfera de Galicia como recurso de turismo sostible

A conselleira aproveitou a súa presenza nunha das maiores feiras internacionais de turismo do mundo para poñer en valor o potencial turístico do patrimonio natural galego e, en particular, dos espazos declarados como reserva da biosfera

21/01/20 | 12:58

Medio Ambiente facilitará aos concellos axudas para impulsar a rede de preparación para a reutilización e reparación

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda recorda que se trata dunha das medidas recollidas dentro dun paquete de actuacións dotado de 2,6 millóns de euros para axudar ás entidades locais na mellora da xestión dos residuos urbanos

20/01/20 | 13:12

Ángeles Vázquez destaca o novo fito de Sogama por situar a Galicia á cabeza da redución e reciclaxe dos residuos

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda avanza que o vindeiro mes este Complexo medio ambiental comezará a recibir os biorresiduos dos concellos de A Laracha, Carballo e Arteixo

18/01/20 | 12:06

Medio Ambiente e Cemma renovan o convenio para recuperar e asistir a tartarugas e mamíferos mariños varados no litoral galego

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o presidente de Cemma asinaron a renovación desta colaboración para o desenvolvemento de accións conxuntas que garantan o coidado e conservación destes animais incluídos, moitos deles, no listado de especies en réxime especial protección

18/01/20 | 11:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa este ano a dedución verde, unha bonificación no IRPF para todos os que melloren a eficiencia enerxética da súa vivenda

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo unha reunión coa presidenta da Asociación Española de Empresas Produtoras de Pellets de Madeira, Apropellets, na que lle informou sobre esta nova iniciativa