Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta anima aos produtores de trigo, muiñeiros e panadeiros tradicionais a acollerse á Indicación Xeográfica Protexida Pan Galego
José González referiuse a este produto como “punta de lanza de calidade” e sinalou que o Goberno galego está traballando arreo para que poida atoparse no mercado proximamente
A Xunta segue a impulsar a rede Mercaproximidade como canle de comercialización para garantir o futuro do sector agroalimentario galego
Así o destacou José González, enmarcando a iniciativa no Plan de reactivación e dinamización deseñado pola Consellería do Medio Rural para facer fronte aos efectos da covid-19
A Xunta ultima a creación dun polígono agrario para impulsar a produción de mazá de sidra na comarca de Tabeirós-Terra de Montes
Tras varias xuntanzas, están localizadas unhas 100 hectáreas en Cerdedo-Cotobade, ás que habería que sumar outra extensión para un segundo polígono no concello da Estrada
A Xunta investiu este ano 2,4 millóns de euros en fomentar o uso da maquinaria agrícola en réxime asociativo no rural galego
Así o destacou José González, poñendo de relevo que un total de 24 cooperativas resultaron beneficiarias destas axudas para promover o emprego da maquinaria agrícola en conxunto
A Xunta organiza en Mondariz unha xornada sobre o aproveitamento sostible de plantas de interese medicinal, aromático e cosmético
Celebrarase os vindeiros 3 e 10 de outubro na biblioteca municipal, sita na casa da Cultura de Mondariz
Gabriel Alén clausura os cursos do programa de catas de aceite de oliva extra organizados pola Xunta no concello ourensán da Arnoia
O delegado territorial da Xunta de Ourense subliñou que o obxectivo dos tres cursos de iniciación, perfeccionamento e avanzado foi afianzar este sector emerxente na nosa comunidade
Lugo acolleu esta semana un curso sobre certificación de benestar animal en explotacións de vacún de carne e porcino
Estas accións están integradas no Plan de formación ao agro galego que desenvolve a Consellería do Medio Rural a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria
A Xunta pon en valor os produtos agroalimentarios galegos con indicativo de calidade mediante a campaña “Come local”
A iniciativa da Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, abrangue catro eventos gastronómicos centrados nos alimentos propios de cada unha das estacións do ano
O Museo do Viño de Galicia acolle a súa primera exposición temporal que afonda na relación do viño e a ruta Xacobea
Divulga a presenza do viño no Camiño de Santiago ao longo do tempo a través de referencias mobles, literarias e gastronómicas e poderase visitar ata abril de 2021
A Xunta declara a zona de Meixide, no concello ourensán da Veiga, como nova aldea modelo de Galicia
Neste caso, a iniciativa servirá para poñer en valor unha superficie de arredor de 71 hectáreas deste núcleo de poboación, para destinalas á produción gandeira en extensivo