Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

07/02/20 | 14:13

Medio Ambiente analizará proxectos de colaboración ambiental coa Organización Xuvenil Española para impulsar un Xacobeo 2021 máis sostible

A conselleira Ángeles Vázquez reuniuse esta mañá co presidente nacional de OJE, Juan José Domínguez Navarro, e o presidente rexional, Ramón Páez Álvarez, para coñecer as iniciativas desta organización xuvenil de voluntariado

05/02/20 | 19:12

Medio Ambiente invita aos grandes distribuidores de alimentos a buscar formatos de envase alternativos ao plástico dun só uso

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantivo unha reunión con varios empresarios do sector da distribución alimentaria, cos que revisou o contido e as implicacións do artigo 43 da Lei de residuos de Galicia, relativo á prohibición de produtos de plástico dun só uso

31/01/20 | 13:17

Ángeles Vázquez salienta o valor da pesca etnográfica por recuperar unha tradición deportiva e cultural

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda participa nun encontro con membros da Asociación de pescadores da anguía do Carrual, que mostraron o seu interese sobre esta modalidade de pesca que se regula por primeira vez de xeito específico na futura Lei de pesca fluvial

31/01/20 | 11:46

Ángeles Vázquez destaca as capacidades dos humidais galegos para frear os efectos do cambio climático

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda visitou hoxe a Lagoa de Valdoviño para conmemorar o Día Internacional do Humidais, efeméride que se celebra cada 2 de febreiro desde hai case medio século

30/01/20 | 17:23

Medio Ambiente e Concello de Ourense avanzan na próxima adhesión da cidade ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía

A conselleira Ángeles Vázquez reuniuse esta mañá co tenente de alcalde de Ourense, Jorge Pumar, para abordar posibles vías de colaboración da Consellería en materia de xestión de residuos e a loita contra o cambio climático

29/01/20 | 19:33 | C. de Economía e Industria

A Xunta esixirá á empresa que actualice o plan de restauración da mina de Touro

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, indica no Parlamento que isto se sumaría ao labor de vixilancia que vén levando a cabo Augas de Galicia

29/01/20 | 13:19

Medio Ambiente convocará en febreiro un concurso de ideas para integrar as 1.600 vivendas públicas que se prevén construír en San Paio de Navia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda recorda que a Xunta dispón de seis millóns de euros para urbanizar e construír vivendas en San Paio de Navia, bloqueados pola falta de aprobación do plan parcial

28/01/20 | 16:48

A Xunta avanza que a declaración de impacto ambiental do novo proxecto da Mina de Touro é negativa e pon fin á súa tramitación

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, explica que o ditame do seu departamento baséase no cumprimento estrito da lexislación ambiental vixente

26/01/20 | 10:31

A Xunta celebra o Día Internacional da Educación Ambiental coa posta en marcha do programa Escola ‘Verde’ nunha decena de centros escolares

Esta efeméride, que se celebra casa 26 de xaneiro, busca poñer o foco e ensinarlle á sociedade a necesidade de establecer un equilibrio entre o desenvolvemento das persoas e a conservación do planeta
 

25/01/20 | 14:00

As axudas ás áreas de rehabilitación do Camiño de Santiago facilitaron que 88 familias galegas melloran o seu fogar

Recorda que ao abeiro da convocatoria de 2019 ás ARI do Camiño de Santiago, a provincia de Lugo foi a máis beneficiada con 33 familias que accederon a subvencións por un importe de case 220.000 euros