Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

17/02/20 | 11:30

Medio Ambiente convoca as axudas para actuacións municipais de posta en valor das Reservas da Biosfera de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde coas bases reguladoras da convocatoria para o actual ano, dotada cunha partida global de 600.000 euros

14/02/20 | 15:54

Medio Ambiente e Xuventude organizarán este ano accións de voluntariado no marco do proxecto Life contra a herba da pampa

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, trasladoulle o acordo á Comisión Executiva do CEIDA, organismo que participa e coordina coa Consellería o proxecto europeo Stop Cortaderia para combater esta especie invasora

14/02/20 | 13:09

Medio Ambiente publica o informe ambiental relativo á modificación do Plan xeral do ámbito da Sardiñeira que permite avanzar nos accesos á estación intermodal da Coruña

Esta modificación tamén prevé rematar a praza da Sardiñeira e construír unha fachada urbana de calidade para o novo sistema xeral viario e que posibilite a mobilidade transversal

13/02/20 | 13:50

Medio Ambiente colaborará co Concello de Maside na eliminación de puntos de vertido incontrolado no municipio

A conselleira Ángeles Vázquez reuniuse co alcalde José Manuel Iglesias, quen lle trasladou tamén o seu interese en instalar un punto limpo móbil e solicitar a colaboración económica da Xunta para rehabilitar a vella escola municipal

12/02/20 | 11:19

Medio Ambiente invita a toda a comunidade escolar galega a converterse en embaixadores das escolas verdes

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda coñeceu hoxe os traballos que está a levar a cabo o IES Xesús Ferro Couselo de Ourense, un dos dez centros educativos da comunidade en participar na I Edición de Escola Verde, impulsada en coordinación coa Consellería de Educación dentro do Plan Proxecta

12/02/20 | 10:18

O DOG convoca as axudas para a execución de accións de mellora e conservación nos seis parques naturais de Galicia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publica hoxe a Orde que regula estas axudas que suman un importe de case 1,4 millóns de euros para as vindeiras dúas anualidades

11/02/20 | 10:33

Medio Ambiente publica a orde pola que se declaran de forma provisional as Brañas de Sada espazo natural de interese local

O Concello, como promotor da iniciativa e responsable da súa futura xestión, terá agora dous anos para presentar o plan de conservación correspondente, un requisito imprescindible para poder obter a declaración definitiva como ENIL

10/02/20 | 12:21

Ángeles Vázquez anima á mocidade galega a explorar as saídas profesionais que ofrece o ‘emprego verde’ como sector de futuro

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ofreceu esta mañá unha charla sobre cambio climático ao alumnado de 4º da ESO do IES Agra do Orzán

08/02/20 | 11:33

Ángeles Vázquez destaca a implicación cidadá como peza fundamental no quebracabezas da reciclaxe

A conselleira de Medio Ambiente salientou que unha axeitada xestión dos residuos urbanos tamén se acada fomentando un consumo racional e responsable, reutilizando os materiais o maior número de veces posible e participando activamente nos mecanismos de recollida selectiva

07/02/20 | 14:45 | A Presidencia da Xunta

A Xunta recoñecerá o esforzo dos concellos comprometidos coa paisaxe e o medio ambiente cun novo distintivo: a Bandeira Verde de Galicia

Estas bandeiras verdes concederanse anualmente a aqueles municipios que cumpran con criterios relacionados coa protección da paisaxe, o cambio climático e eficiencia enerxética, a mobilidade sustentable, a xestión responsable dos residuos e accións de educación e sensibilización ambiental