Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

20/11/21 | 11:38
19/11/21 | 12:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que Galicia será pioneira en España aplicando medidas normativas que blinden as obras públicas e protexan o emprego na construción ante a crise de prezos dos materiais

A medida dará viabilidade aos investimentos públicos promovidos pola Xunta e garantirá a execución dos fondos europeos de reconstrución

19/11/21 | 11:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investiu 103.000 euros na mellora do firme do Cruzamento do Santo, en Vilalba

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o Goberno galego vén de renovar o pavimento e a sinalización horizontal para reforzar a seguridade na zona

19/11/21 | 11:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por preto de 93.000 euros as obras de renovación da rede de abastecemento de auga en Magros, no Concello de Beariz

O obxectivo é dotar dunha nova rede de abastecemento aos barrios de Aldea de Arriba e Aldea de Abaixo que asegure un caudal de auga mínimo ás vivendas e ás bocas da rega

18/11/21 | 13:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 2,4 M€ o contrato para a explotación das estacións de autobuses de Cambados, Cangas, Ponteareas e Vigo

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade contrata este servizo unha vez rematada a concesión da xestión destas terminais

17/11/21 | 13:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca que a Xunta ten despregados 390 profesionais e dispostas máis de 5.200 toneladas de fundentes para garantir a seguridade nas estradas autonómicas ante a climatoloxía adversa

Sinala que son 26 os centros que están operativos e 190 máquinas mobilizadas para garantir a seguridade e a mobilidade nos máis de 5.500 km de vías autonómicas, con especial atención aos 1.000 km que por altitude son máis susceptibles de neve ou xeo

17/11/21 | 12:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Catro empresas presentan as súas ofertas para a mellora do saneamento dos núcleos do Sifón e San Vicenzo, en Avión, licitada por máis de 166.000 euros

O obxectivo da actuación é conectar estes núcleos de poboación coa depuradora municipal, xa que na actualidade contan con redes de saneamento que conflúen en fosas sépticas cuxo funcionamento é deficiente

16/11/21 | 13:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta prepara a cesión de vías e outras dotacións na nova área urbanizada do polígono das Gándaras

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na xuntanza para definir a recepción de espazos por parte do Concello de Lugo unha vez rematadas as obras nas que o Goberno galego investiu máis de 2,6M€

16/11/21 | 12:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa a reforma do local social da asociación de veciños 'O Batuqueiro' de Cambados e a dotación de equipamento

O delegado territorial, Luis López, supervisou estas melloras, financiadas ao abeiro do Plan de Acción Comunitaria para colectivos veciñais, federacións, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais da Dirección Xeral de Administración Local

16/11/21 | 11:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita as obras da senda peonil na estrada autonómica AC-214 en Sigrás, no concello de Cambre por un importe de máis de 743.000€

Executarase un itinerario de 720 metros de lonxitude, desde o cruce coa AC-213 e a N-550, nos núcleos da Telva, A Xira e A Pena de Sigrás de Abaixo