Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

11/05/20 | 14:09

A Xunta salienta o papel fundamental que Pontevedra terá na recuperación do sector turístico galego

O Goberno autonómico presentou hoxe ao tecido empresarial da provincia o Plan de Reactivación cara a nova normalidade aprobado en Consello de Goberno

08/05/20 | 21:08

Galicia urxe ao Goberno central a publicar as condicións que deberá cumprir o turismo e a hostalaría para a súa reapertura

O conselleiro Román Rodríguez participou esta tarde de xeito telemático na Conferencia Sectorial coa ministra de Industria, Comercio y Turismo, Reyes Maroto

08/05/20 | 14:30

A Xunta brinda medidas de apoio e promoción ao sector da provincia da Coruña no Plan de reactivación turístico autonómico

Ovidio Rodeiro destacou que é un plan elaborado en colaboración cos profesionais desta área e puxo en valor o seu carácter transversal con medidas orientadas á reactivación económica

07/05/20 | 17:28

A Xunta comparte coas deputacións provinciais solucións conxuntas no novo escenario de recuperación do turismo

A directora de Turismo, Nava Castro, reuniuse hoxe por videoconferencia con responsables da Área de Turismo das catro deputacións provinciais

07/05/20 | 12:54

A Xunta demanda concrecións ao Goberno para afrontar con seguridade a desescalada na restauración, hoteis, bibliotecas e museos

O conselleiro de Cultura e Turismo lamenta que a tres días de retomar a súa actividade, empresas e administracións non coñezan que protocolos deben aplicar

05/05/20 | 12:22

Preto de 3000 profesionais do turismo xa participaron no plan de teleformación da Xunta que se amplía agora aos idiomas

A iniciativa, que se desenvolve online de xeito gratuíto e a cargo de especialistas nas diferentes materias, suma máis de 3.600 horas de formación en abril

04/05/20 | 17:12

A Xunta e Google colaborarán na promoción internacional do Camiño de Santiago coa creación dunha canle de contidos

Galicia traslada no Consejo Jacobeo a invitación ao resto de comunidades para que se incorporen a un proxecto estratéxico na difusión do Xacobeo 2021

03/05/20 | 13:32

Galicia proporá mañá no Consejo Jacobeo un protocolo de medidas sanitarias específico para o Camiño de Santiago

A Xunta compartirá co Goberno e o resto de comunidades o traballo en marcha para converter o Xacobeo 2021 nunha ferramenta de reactivación económica

02/05/20 | 14:09 | A Presidencia da Xunta

Feijóo presenta o plan de reactivación do turismo centrado en facer da comunidade un destino seguro e reinventar un sector clave para a marca Galicia e a economía

Precisa a posta en marcha dunha estratexia de seguridade sanitaria que permita deseñar certificacións que acrediten o cumprimento das medidas e xerar confianza