Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O programa de financiación comunitaria “TecEuropa” abre a inscrición para a súa 17ª edición
O curso, de formato virtual, contará con contidos teóricos e prácticos sobre as opcións de fondos europeos dispoñibles para as entidades públicas e privadas
A Xunta de Galicia destaca en Sevilla a aposta que se está realizando por impulsar unha minaría sostible
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou esta mañá na XVIII Reunión Anual do Consello Superior de Colexios de Enxeñeiros de Minas de España con directores xerais de Industria, Enerxía e Minas
A Semana Europea das Rexións e Cidades finaliza en Bruxelas cunha destacada participación galega
Esta cita anual dedicada á cohesión territorial dentro da UE reuniu a máis de 10.000 participantes e tres actos contaron con participación galega
A Xunta destaca no Barco o papel das asociacións de comerciantes no impulso aos negocios locais
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou no sorteo da iniciativa ‘Mercar no teu comercio ten premio’, organizada a nivel autonómico pola Federación Galega de Comercio e coa colaboración neste caso da Asociación de Comerciantes do Barco
A Xunta destinará 35,4 M€ ás políticas de solo industrial para impulsar a implantación e a expansión de empresas en Galicia
Ángeles Vázquez subliña o esforzo do seu departamento nesta materia, á que en 2023 dedicará un 3% máis de fondos que este ano e durante o cal manterá as bonificacións de ata o 50% no prezo de venda das parcelas que xestiona a Xunta
Arias celebra a fortaleza do asociacionismo veciñal de Lugo, que festexa o 23 de outubro o Día do Veciño
A Xunta apoia o evento coa distribución de produtos alimentarios galegos con distintivo de calidade e o patrocinio do concerto de Treixadura
A Xunta inviste 2,6 M€ nunhas novas axudas para impulsar a madeira como elemento estrutural na construción
José González, que estivo acompañado polo director da Axencia Galega da Industria Forestal e polo delegado da Xunta na Coruña, reafirmou o compromiso do Goberno galego con este sector, no marco da Axenda de impulso da industria forestal-madeira
A Xunta e Hijos de Rivera subscriben a compra dunha parcela no parque empresarial de Morás para impulsar unha nova planta de Estrella Galicia
A nova instalación ocupará unha superficie de máis de 466.000 m2, preto do 94% do terreo dispoñible para parcelas na Fase B desta área industrial
A Xunta destaca que a plataforma experimental de eólica mariña vai permitir xerar coñecemento e I+D+i para o despregamento deste sector
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantiveron hoxe unha reunión na Autoridade Portuaria da Coruña para avaliar o protocolo xeral de actuación para a posta en marcha deste proxecto piloto