Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 333 novas da área temática Conservación da natureza:

04/02/22 | 15:04

A Xunta e o concello da Illa de Arousa traballarán xuntos nunha regulación que garanta a protección dos recursos naturais do Areoso e os seus usos públicos

Goberno local e pescadores comprométense a remitir á Consellería as súas achegas sobre os principais aspectos a resolver, alternativas e posibles solucións co obxectivo de que este mesmo verán se poida empezar a aplicar o novo plan de xestión do illote

02/02/22 | 17:03

Os seis humidais de importancia internacional galegos dan acubillo a máis de 26.000 aves acuáticas invernantes

Belén do Campo avanza que a Consellería de Medio Ambiente publicou o censo de exemplares que empregan a ruta migratoria do Atlántico leste e que foron avistadas polo menos nunha ocasión no mes de xaneiro

Subliña que Galicia ocupa o cuarto posto entre as comunidades autónomas españolas con maior número de humidais incluídos na listaxe Ramsar
 

30/01/22 | 10:42

A Xunta dará axudas por 2,7 M€ aos 86 concellos galegos que se atopan nunha reserva de biosfera

Ángeles Vázquez salienta que supón máis do 40% do orzamento total previsto este ano a actuacións nos sete espazos deste tipo que hai na Comunidade

28/01/22 | 13:49

A redución do canon de Sogama deste ano suporá un aforro para os galegos de máis de 11M€

Á bonificación do 10% que se vén aplicando desde o ano 2019 aos municipios que cumpran os requisitos fixados en canto a produción de residuos e reciclaxe, súmase en 2022 a rebaixa dun 5% para todos os concellos adscritos á empresa pública

27/01/22 | 13:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Parque Nacional das Illas Atlánticas estrea web e incorpora unha webcam con visión á cara norte das Cíes

A delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe o arquipélago para preparar as actividades que ofrecerán este ano desde este espazo natural

26/01/22 | 19:31

O Plan reitor do Parque Natural do Xurés supera o último trámite antes da súa aprobación definitiva no mes de febreiro

Ángeles Vázquez subliña que coa entrada en vigor do PRUX do Xurés se dará un paso máis para cumprir co obxectivo de que este mesmo ano os seis parques naturais e o parque nacional de Galicia teñan un instrumento propio de xestión e protección

26/01/22 | 12:08

A campaña da Xunta ‘Bye Bye Plástico’ consegue implicar a oito colexios galegos na primeira película en ‘stop motion’ para concienciar sobre a reciclaxe

No marco do Día mundial da educación ambiental, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, felicitan ao equipo docente e ao alumnado dos centros participantes pola súa contribución á loita contra os plásticos dun só uso

26/01/22 | 10:43

A Xunta ultima un protocolo de colaboración cos concellos para instalar gaiolas trampa fronte ao xabaril en áreas urbanas e periurbanas

O concello de Ferrol foi seleccionado para acoller de forma pioneira a colocación destes dispositivos por ser unha das áreas galegas que concentra maior presenza desta especie

25/01/22 | 14:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 11,3 M€ á nova convocatoria do Fondo de Compensación Ambiental para apoiar aos concellos no seu desenvolvemento sostible

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe a publicación da nova convocatoria destas axudas que nos últimos anos permitiron financiar máis de 2.300 proxectos das entidades locais ás que Goberno galego achegou máis de 108M€