Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 252 novas da área temática Comercio:

30/06/22 | 16:34 | C. de Economía e Industria

Fernández-Tapias e a Federación Galega de Comercio presentan en Vigo a 9ª edición da campaña Días Azuis

A delegada territorial destacou o dobre obxectivo desta iniciativa: a dinamización das ventas nos establecementos de proximidade e de fidelización dos clientes

03/06/22 | 12:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a formación técnica dos xoieiros galegos nunha xornada sobre regulación de obxectos fabricados con metais preciosos

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou hoxe na inauguración dunha xornada técnica organizada pola Federación Galega de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros na que se debateu sobre o marco normativo do sector

02/06/22 | 13:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta achega aos comerciantes de Vigo os apoios para que avancen na dixitalización e a modernización dos seus negocios

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participaron esta mañá nunha xornada informativa sobre a nova convocatoria de axudas por 6 millóns de euros, cuxo prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o próximo 23 de xuño

01/06/22 | 18:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta achega aos comerciantes da Mariña os apoios para que avancen na dixitalización e a modernización dos seus negocios

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou esta tarde en Ribadeo, en colaboración coa Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), nunha xornada informativa sobre a nova convocatoria de axudas por 6 millóns de euros, cuxo prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o próximo 23 de xuño

28/05/22 | 12:28 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa este luns aos comerciantes de Ourense do novo programa de axudas por 6 M€ para a transformación dixital e a modernización do sector

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participará nun networking sobre esta convocatoria que se celebrará a partir das 10 horas na Confederación Empresarial de Ourense

28/05/22 | 11:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa o próximo martes aos comerciantes de Ferrolterra do novo programa de axudas por 6M€ para a transformación dixital e a modernización do sector

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participará nun networking sobre esta convocatoria que se celebrará a partir das 16 horas no Ateneo Ferrolán

20/05/22 | 13:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta activa axudas por 265.000 euros para impulsar a comercialización nacional e internacional do produto artesán galego

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, presentaron esta mañá en Santiago os apoios para a organización e a participación en feiras

18/05/22 | 14:34 | C. de Economía e Industria

Galicia e Colombia afianzan as vías de colaboración en sectores estratéxicos como o naval e o TIC

A xuntanza prodúcese en resposta á misión comercial que o pasado mes de marzo a Xunta encabezou a Colombia acompañando a medio cento de empresas e clústeres galegos

11/05/22 | 17:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta anima os concellos galegos a sumarse á campaña internacional Quere o teu mercado

A Administración autonómica promove a celebración en Galicia desta iniciativa o vindeiro 28 de maio co obxectivo de atraer clientela aos mercados e prazas de abastos e resaltar os valores da compra local