Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 468 novas da área temática Administración pública:

15/03/22 | 11:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello de Friol na adquisición dun vehículo para o servizo de medio ambiente

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe o concello onde destacou a importancia da colaboración entre a Administración autonómica e os municipios galegos en proxectos que axuden a mellorar a calidade de vida da veciñanza

13/03/22 | 19:51 | A Presidencia da Xunta

Feijóo traslada o apoio ao Goberno na posición exterior de España dentro da UE e da OTAN e reclama unha baixada concreta dos impostos que gravan a luz, o gas e os hidrocarburos

Demanda a concreción dun Plan nacional de acollida de refuxiados que permita darlles unha acollida digna e sostible no tempo e urxe que se habilite un fondo extraordinario para abordar os gastos derivados desta actuación

11/03/22 | 16:34 | A Presidencia da Xunta

Feijóo pedirá na Conferencia de Presidentes unha resposta coordinada ante a escalada do prezo da enerxía e a crise humanitaria de Ucraína

Solicitará a elaboración dun Plan español de acollida para persoas refuxiadas e proporá que se rebaixe o IVE da luz e do gas en España dentro do marco normativo da UE

23/02/22 | 18:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora coa asociación de veciños Baiuca do Concello de Teo cunha axuda para diversas melloras

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe, xunto co delegado territorial da Xunta na Coruña. Gonzalo Trenor, as melloras levadas a cabo a través das axudas do Goberno galego

18/02/22 | 17:38

Galicia pide ao Goberno central que envíe medios aéreos a Terranova para axilizar a repatriación dos tripulantes do `Villa de Pitanxo´

Un representante da Consellería do Mar e outro da Dirección Xeral de Emerxencias desprazaranse a Terranova co fin de prestar apoio e colaborar nas xestións coas autoridades canadenses e acelerar os trámites

18/02/22 | 14:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia ao concello de Coristanco na adquisición de vehículos para as brigadas medioambientais

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou as actuacións levadas a cabo no concello ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental, ao que este ano a Xunta destina un orzamento de 11,3M€