Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

19/05/20 | 15:47

A Xunta presenta aos concellos a app que poderán usar voluntariamente para controlar o aforo das praias máis concorridas

Porá a súa disposición ferramentas para axudarlles nesta competencia municipal co fin de dar garantías a galegos e turistas e proxectar un destino seguro

18/05/20 | 19:14

A Xunta traballa co sector para elevar os estándares de seguridade por riba da media na reapertura dos hoteis

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe nun seminario web organizado polos profesionais do sector da provincia de Pontevedra

18/05/20 | 16:45

A Xunta porá a disposición dos concellos a plataforma Praias Seguras para facilitarlles a xestión do acceso dos cidadáns aos areais

Integrará a información do catálogo galego de praias do Instituto de Estudo do Territorio, que ofrece información xeográfica de cada areal para poder determinar a súa capacidade de carga máxima

18/05/20 | 15:02

A Xunta mantén o seu apoio ao turismo rural adaptando os obxectivos e tramitación das axudas ao escenario post COVID-19

Reformularanse as achegas para a contratación de persoal nas oficinas de turismo, as festas de interese, as infraestruturas turísticas e os xeodestinos

14/05/20 | 14:38

A Xunta facilita a reprogramación dos proxectos de O teu Xacobeo afectados pola crise sanitaria

As actuacións apoiadas na primeira edición deste programa e que se viron cancelados polo coronavirus poderán executarse ata o vindeiro 31 de outubro

14/05/20 | 13:55

A Xunta impulsará o turismo de congresos financiando medio centenar de eventos no último cuadrimestre do ano

Ante as medidas extraordinarias adoptadas polo estado de alarma, amplíanse prazos de execución e xustificación da orde aberta a finais do ano pasado pola Consellería de Cultura e Turismo de máis de medio millón de euros

13/05/20 | 15:46

A Xunta explica ao sector turístico lucense a folla de ruta para lograr a súa reactivación e fomentar o emprego

Máis de 200 profesionais participaron na xornada vía web na que o Goberno autonómico presentou as medidas

13/05/20 | 12:52

Vázquez salienta o papel da paisaxe galega como recurso estratéxico para contribuír ao afianzamento do turismo verde

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda sinala que preto de 5,1 millóns de persoas visitaron en 2019 Galicia, sendo a primeira motivación dos que a visitan os recursos naturais e paisaxísticos

13/05/20 | 12:05

A Xunta consensuará co sector turístico un modelo propio que eleve os estándares de seguridade sanitaria por riba da media

Román Rodríguez sinala que o sistema establecido polo Goberno central pode xerar desigualdades, promove un sector a dúas velocidades e debilita o destino

12/05/20 | 13:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta comparte co sector a nova folla de ruta para reactivar o turismo en Ourense e fomentar o emprego

Máis dun cento de profesionais do turismo da provincia participaron hoxe no seminario web no que o Goberno autonómico presentou o Plan de Reactivación cara a nova normalidade aprobado en Consello de Goberno