Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática i+D+i:

16/03/20 | 16:18

Medio Ambiente suspende a venda de permisos de pesca fluvial e permite a apertura de tendas de alimentación animal

O prazo para proceder a apertura de venda estará determinada polo levantamento das restricións establecidas para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo Covid-19

16/03/20 | 10:54 | C. do Medio Rural

A Xunta lembra que a realización de queimas nos terreos rústicos está suspendida ata novo aviso

Así se establece na resolución publicada onte no DOG sobre a situación de emerxencia sanitaria por causa do coronavirus

11/03/20 | 12:43

Galicia supera por primera vez en 2019 as 50.000 toneladas de reciclaxe de vidro

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático participou na presentación das cifras de reciclaxe en Galicia relativas ao ano 2019, onde a media por habitante se sitúa en 19,3kg polo que supera a media estatal de kg/hab de reciclaxe de vidro

11/03/20 | 12:33

Ángeles Vázquez chama aos mozos galegos a implicarse nas medidas da resposta galega para loitar contra o cambio climático

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda recorda que a mocidade galega é unha aliada para activar as medidas impulsadas polo Goberno para mitigar os efectos deste fenómeno global, como son a Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía e a Estratexia de Economía Circular

06/03/20 | 14:08

Ángeles Vázquez salienta que a conciliación é un exemplo de responsabilidade que tamén se debe aplicar no coidado do medio ambiente e a protección do territorio

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda participou esta mañá nunha mesa redonda para conmemorar o Día Internacional da Muller, organizada polo CEIP Nº1 de Melide

06/03/20 | 13:38

Galicia viviu un febreiro seco e moi cálido, que rexistrou as temperaturas medias máis altas de todo o período de referencia

O avance do informe climatolóxico de MeteoGalicia indica que foi un mes marcado pola frecuencia das situacións anticiclónicas e con menos chuvias do habitual

03/03/20 | 13:52

Medio Ambiente iniciará este mes a resolución das axudas á conservación das árbores senlleiras de Galicia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda visitou esta mañá un exemplar de metrosideros excelso (árbore de fogo), localizado no xardín da Torre de Andrade no Concello de Pontedeume

01/03/20 | 09:30

A Xunta exporá ante o comité das rexións en Bruxelas a súa estratexia para camiñar cara á neutralidade climática

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, intervirá o próximo mércores no marco do programa de actos organizado con motivo da Cerimonia anual do Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía, o maior movemento mundial para unir forzas e buscar sinerxías entre administracións nesta materia

29/02/20 | 12:00

O exemplar de lobo mariño atopado en Burela en xaneiro embarca para ser liberado unha vez completada a súa recuperación

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, participou esta mañá en Vigo no operativo para trasladar a Silbur no arrastreiro ‘Patricia Marta’ ata augas do Gran Sol, onde se procederá á súa solta

29/02/20 | 10:30

Medio Ambiente estudará colaborar co Concello de Cervo no acondicionamento dunha estrada con paseo peonil en Sargadelos

A conselleira Ángeles Vázquez reuniuse co alcalde Alfonso Villares, quen lle trasladou os detalles do proxecto municipal para reurbanizar e pór en valor a zona que conecta a nova fábrica de cerámica coas antigas instalacións de fundición