Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

30/09/20 | 15:28 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo avoga por incrementar a dixitalización e a I+D+i para impulsar os sectores tradicionais e aproveitar o potencial de crecemento

Destaca o proxecto de investigación que Estrella Galicia está a desenvolver a través do programa Fábrica intelixente, e en colaboración con Anfaco-Cecopesca, para a obtención dunha bebida fermentada de cereais con capacidade antiinflamatoria

30/09/20 | 11:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre mañá o prazo para solicitar as axudas do Plan Moves e fomentar a mobilidade eficiente e sostible

O programa, xestionado pola Vicepresidencia económica e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, conta cun orzamento de 5M€

29/09/20 | 21:31 | A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta que os programas de axuda postos en marcha no marco do Plan de reactivación achéganse xa aos 270 millóns con máis de 30.000 solicitudes

Asevera que para reactivar a economía a Xunta seguirá traballando para mandar unha mensaxe de estabilidade e de confianza, “para seguir creando emprego, para seguir creando empresas e para outorgar confianza aos investidores”

29/09/20 | 14:37 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove a economía circular entre as pemes a través do proxecto europeo C-Voucher

A convocatoria 2020 deste proxecto europeo, no que a Axencia Galega de Innovación (Gain) participa como socia, está aberta ata o 30 de outubro

26/09/20 | 14:30 | C. de Economía e Industria

Conde resalta que os premios Semente demostran que Galicia emprende e que o fai poñendo de manifesto as oportunidades que ofrece o rural

Considera que estes recoñecementos son un bo síntoma de que a pesar das difíciles circunstancias actuais “Monforte e A Ribeira Sacra non paran, nin Galicia para”

23/09/20 | 13:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta solicita ao Goberno e a Navantia que utilicen os fondos europeos do Plan de recuperación para financiar o dique seco

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, explicou esta maña no Parlamento galego que esta infraestrutura é unha peza clave para impulsar o Estaleiro 4.0

21/09/20 | 15:14 | C. de Economía e Industria

Conde apela ao consenso e á unidade para encarar a reactivación económica de Galicia

Fai fincapé na importancia do diálogo porque a resposta á crise que provocou a covid-19 será máis axeitada co traballo e o esforzo de todos e contando coa visión e a experiencia do tecido produtivo

21/09/20 | 11:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon á disposición de empresas, comercios e autónomos máis de 60 expertos para asesoralos e facer fronte ao impacto da covid-19

A través do Igape Responde achegan consultoría gratuíta en rede, que inclúe 14 medidas dispoñibles de acción inmediata