Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

28/10/21 | 13:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A música galega preséntase no Womex do Porto co apoio da Xunta para a promoción dunha decena de empresas e o concerto das Tanxugueiras

A delegación galega protagonizará mañá un encontro promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade para favorecer o networking con axentes musicais de todo o mundo

28/10/21 | 12:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta recorda a Valle-Inclán na ofrenda floral celebrada en Vilanova de Arousa na súa honra

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na actividade con motivo do 155 aniversario do seu nacemento

28/10/21 | 11:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na presentación do Festival do Circo e do Humor

Gabriel Alén explicou que se trata dunha iniciativa encadrada no compromiso da Xunta de Galicia por impulsar e apoiar unha programación diversificada e plural, así como distribuída pola xeografía galega, e que contribúe así á promoción e cooperación cultural, á difusión e animación sociocultural e á promoción da cultura en Galicia

27/10/21 | 14:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos celebra o seu centenario co apoio da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística participou na presentación de ´100 anos de Agarimos’, organizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22

27/10/21 | 14:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dous novos volumes completan a colección cos textos máis representativos da Xeración Nós impulsada por Hércules de Edicións co apoio da Xunta

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participaron hoxe na presentación dos tomos que pechan a triloxía Do mellor de Nós

27/10/21 | 12:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez subliña un investimento de 42 M€ para reactivar a cultura reforzado agora co novo Bono

Recorda que a prioridade do Goberno autonómico na pandemia foi “manter a actividade con formatos adaptados para que o sector seguise traballando”

27/10/21 | 11:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Trenor anima aos profesionais a adherirse á campaña do Bono Cultura da Xunta que os clientes poderán empezar a disfrutar a partir do 1 de novembro

Os profesionais interesados teñen ata o 18 de novembro para inscribirse na web www.bonocultura.gal e, entre outros requisitos, deberán estar dados de alta nos grupos e epígrafes do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) indicados nas bases

26/10/21 | 17:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez pon a Galicia como exemplo de convivencia e inclusión nas aulas

Salienta a importancia de artellar un modelo educativo que, ademais de aportar coñecemento, impulse unha educación cívica “que sexa capaz de formar bos estudantes e tamén bos cidadáns”

26/10/21 | 16:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia unha nova publicación que analiza a relación da cidade de Santiago co cine en dúas décadas

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación do libro ‘Compostela no cinema. Apuntamentos da cidade do século XXI’, de Yolanda López

26/10/21 | 14:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta conmemora os 10 anos da Biblioteca de Galicia cunha exposición na que fai un percorrido por máis de 70 obras representativas das súas coleccións

A mostra ‘10 anos da Biblioteca de Galicia. As pegadas dunha década’ pode visitarse na súa sede, na Cidade da Cultura, ata o 31 de maio de 2022