Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

08/11/20 | 12:04 | C. do Medio Rural

Mañá comezan en Abegondo unhas xornadas sobre o control de pragas e enfermidades en froiteiras

A iniciativa, que se levará a cabo entre o luns e o martes, desenvolverase na aula multimedia da casa do concello deste municipio coruñés

06/11/20 | 13:01 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor os recursos fitoxenéticos conservados no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

Como resultado do traballo levado a cabo no CIAM, moitas variedades de conservación ou comerciais, así como poboacións naturais, foron rexistradas ou están en proceso de selo para poñelas a disposición do sector

06/11/20 | 08:46 | C. do Medio Rural

Extinguido un incendio forestal rexistrado no concello lugués de Quiroga, parroquia de Montefurado

Segundo as últimas medicións, o lume afectou 22,34 hectáreas de monte arborado

04/11/20 | 15:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pagou a semana pasada 6,7M€ a máis de 2.300 agricultores e gandeiros da comarca de Santiago correspondentes aos anticipos das axudas da PAC 2020-2021

Estes pagos, que realiza o Fondo Galego de Garantía Agraria, céntranse nos anticipos das liñas de vacún de leite e de carne

04/11/20 | 14:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense visita a nova sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro en Ribadavia

As novas instalacións emprazáronse no segundo andar e a baixo cuberta do antigo Centro Comarcal do Ribeiro

04/11/20 | 12:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta informa aos produtores de pan galego das vantaxes de adherirse á nova Indicación Xeográfica Protexida

A IXP Pan Galego é un distintivo que permitirá poñer en valor os produtos elaborados en numerosos establecementos familiares que están estendidos por toda a comunidade, sobre todo nas zonas rurais

03/11/20 | 12:25 | C. do Medio Rural

A Xunta celebra mañá en Monforte de Lemos un curso sobre iniciación e mellora das gandarías de ovino e cabrún

Terá lugar no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal, dependente da Consellería do Medio Rural

03/11/20 | 11:10 | C. do Medio Rural

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os galardoados na undécima edición dos Premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural

Cada unha das oito iniciativas está premiada con 10.000 euros, que deberán reinvestir no proxecto galardoado

31/10/20 | 13:30 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Laxe analizan as demandas e necesidades relativas ao agro dos veciños deste municipio coruñés

O conselleiro do Medio Rural e o alcalde mantiveron unha xuntanza telemática de traballo para avanzar neste eido

31/10/20 | 13:00 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Baralla estudan a posibilidade de poñer en marcha algún instrumento de mobilización de terras neste municipio lugués

O conselleiro, José González, mantivo unha xuntanza co alcalde, Miguel González, para coñecer de primeira man as necesidades e demandas dos seus veciños en relación co agro