Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

25/04/20 | 10:57

A Xunta fará unha enquisa aos case 200 concellos inscritos no Pacto dos Alcaldes para detectar avances e dificultades na elaboración dos seus plans de acción para o clima

O cuestionario, que estará dispoñible de xeito telemático desde o luns, permitirá facer unha diagnose da situación actual e orientar o contido dos cursos formativos que a Consellería de Medio Ambiente impartirá en maio aos encargados de redactar os PACES

23/04/20 | 13:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta constata que o avance con seguridade nas obras da Malata permitirá acadar nos vindeiros meses a meta do saneamento integral da ría de Ferrol

Ethel Vázquez destaca a importancia de manter activo un investimento da Xunta de 7 millóns de euros en Ferrol e de garantir os 25 postos de traballo directos

23/04/20 | 12:22

O estado de alarma pon de manifesto a relación directa entre a calidade do aire e o tráfico nas cidades

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e os equipos técnicos de Meteogalicia analizaron a mellora da calidade do aire en Galicia durante o Estado de alarma, tras a análise dos datos recollidos pola rede de estacións de calidade do aire operativas na Comunidade galega

23/04/20 | 11:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 9 M€ ao desenvolvemento de 235 proxectos que impulsan as enerxías renovables e a eficiencia enerxética

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina un total de 5,95M€ a 18 proxectos de eficiencia e impulso das renovables nas universidades galegas

21/04/20 | 13:01

Medio Ambiente encomenda a Sogama a xestión de cinco toneladas diarias de residuos sanitarios

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda visitou esta mañá ás instalacións deste Complexo medio ambiental que, a solicitude do Sergas e de xeito provisional, valorizará enerxeticamente estes residuos

17/04/20 | 12:22

Medio Ambiente avanza na tramitación do proxecto sectorial da Área Científica Tecnolóxica da ETEA en Vigo, que inicia a súa información pública

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución polo que se somete a información pública, por un período dun mes, o Proxecto Sectorial PS-2, en desenvolvemento do Plan Sectorial do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar na ETEA

15/04/20 | 16:15

A Xunta subliña que Galicia se adiantou ao estado ao prever a necesidade de accións de caza do xabaril excepcionais

O primeiro acordo do Centro de Coordinación Operativa da Xunta para xestionar a crise do COVID-19 xa contemplaba a posibilidade de autorizar accións de caza individuais ante situacións de gravidade como os danos no sector primario ou o risco sanitario

14/04/20 | 13:58

Medio Ambiente consultará co Issga definir un criterio propio para garantir a seguridade dos traballadores de recollida e tratamento de residuos

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, explica que a falta de concreción da instrución ministerial publicada no BOE provocou certa confusión e controversia entre os operarios deste colectivo

08/04/20 | 14:13

Medio Ambiente solicita ‘claridade’ sobre o contido e alcance da Orde estatal para a xestión dos residuos durante a crise do coronavirus

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda aclara que a Orde non é precisa pois deixa nas mans de cada concello determinar a recollida dos residuos xerados por persoas afectadas por Covid-19 ou en cuarentena, sobre todo para aqueles que non están adheridos ao modelo Sogama

27/03/20 | 17:38 | A Presidencia da Xunta

A Xunta asumirá a cobertura total do bono de alugueiro social dos colectivos máis desfavorecidos mentres se manteña o estado de alarma debido á crise do COVID-19

Salienta a autorización da convocatoria das axudas en 2020 para vivenda a vítimas de violencia de xénero, a través da concesión do Bono de Alugueiro Social