Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

03/12/21 | 14:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras da 1ª fase de mellora da estrada LU-651 entre Ferrería Vella e Seoane do Courel, que suporán un investimento de 3,4 M€ e se executarán co máximo respecto ambiental e minimizando afeccións

Vázquez Mourelle adianta que os traballos comezarán a finais da primavera e estarán rematados no verán de 2023, coa estrada renovada neste treito de 3,5 km

03/12/21 | 12:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba o proxecto de construción das sendas nas marxes das estradas autonómicas OU-105 e OU-536 e na Avenida de Ponferrada, no Concello de Ourense

Poranse a disposición dos veciños máis de 3,5 quilómetros de novos itinerarios de uso compartido, de ancho variable mínimo de 1,80 metros, con elementos de separación da estrada e con nove refuxios nas distintas paradas de autobús

03/12/21 | 11:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita as obras para a mellora do sistema de saneamento nos núcleos de Ver e de Boebre, no Concello de Pontedeume, cun investimento de case 958.000€

Trátase de eliminar os vertidos procedentes destes núcleos, para o que se construirá unha nova estación de bombeo en Ver e unha nova rede de colectores e impulsión, e tamén unha nova estación depuradora en Boebre

02/12/21 | 15:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste preto de 68.000 euros na urbanización da rúa Poulón, no concello de Castrelo do Val

O delegado territorial puxo en valor as axudas concedidas na Orde hUrbe na provincia de Ourense este ano que suman un total de 768.567 euros da que se beneficiarán 14 concellos

01/12/21 | 15:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o Concello de Trazo colaborarán na mellora da rede de augas pluviais no núcleo do Castelo

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, e a alcaldesa de Trazo, Josefina Suárez visitaron a zona na que se vai a levar a cabo a obra

01/12/21 | 13:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
01/12/21 | 12:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de mellora e adecuación funcional do edificio do servizo de mobilidade na Coruña, nas que investiu preto de 500.000 euros

A intervención tiña como principal obxectivo mellorar as condicións de traballo dos 30 empregados do Servizo Provincial de Mobilidade, así como a atención aos cidadáns que acoden ás instalacións a realizar xestións

01/12/21 | 12:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste 419.000 euros para completar a renovación de beirarrúas en Castro Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licita hoxe esta obra, que terá un prazo máximo de execución de oito meses

30/11/21 | 13:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta trasládalle á comisaria europea de Transportes a demanda de que o AVE Vigo-Porto se incorpore ao Corredor Atlántico Noroeste

O obxectivo é achegar estas cidades cunha infraestrutura ferroviaria moderna que reduza a viaxe ata 60 minutos, reforzando a competitividade da Eurorrexión

30/11/21 | 12:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 576.000€ a mellora da seguridade viaria no tramo de concentración de accidentes da PO-403 en Ponteareas

O delegado territorial, Luis López, anunciou a apertura da fase de contratación desta actuación, que beneficia a un treito de 1,6 quilómetros entre o enlace coa A-52 e o final da travesía de Angoares, nunha visita á zona coa alcaldesa, Cristina Fernández