Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

22/04/21 | 13:27 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta suma o Concello de Pazos de Borbén ao programa de atención alimentaria a domicilio Xantar na casa

O servizo entrará en funcionamento con sete usuarios e coa posibilidade de sumar novos beneficiarios

22/04/21 | 13:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o seu apoio ás persoas máis vulnerables desde o inicio da pandemia a través do reforzo e a creación de servizos

Púxose en marcha un teléfono e un correo social para dar resposta ás miles de consultas realizadas pola cidadanía para obter información e asistencia

21/04/21 | 14:47 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta amplía o crédito para a gratuidade do segundo fillo e sucesivos nas escolas infantís privadas ante a súa boa acollida

En total, as escolas infantís de titularidade privada recibirán 10 millóns de euros para 2021 e 6,3 millóns de euros para 2022

21/04/21 | 13:58 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social financia un vehículo adaptado para persoas con discapacidade a Aspanane Viveiro a través dos fondos do 0,7% do IRPF

O Goberno galego achegou máis de 30.000 euros para que esta entidade lucense puidese adquirir este medio de transporte

19/04/21 | 18:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta licitará este mes o equipamento da residencia de maiores de Cerdedo, en cuxa ampliación investiu máis de 2 millóns de euros

Con esta actuación, o Goberno galego duplicou as prazas nesta residencia ao pasar de 18 a 48

19/04/21 | 11:52 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García sinala que a desescalada nas residencias continúa de forma progresiva coa flexibilización das visitas e as saídas

Os residentes poden recibir ata tres visitas semanais por parte de calquera ser querido e realizar ata tres saídas á semana de ata catro horas de duración

18/04/21 | 12:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta traslada os piares do novo modelo residencial nun foro europeo organizado pola European Social Network

Destacou a importancia que xoga a dispersión da poboación, un factor diferencial da xeografía galega

16/04/21 | 14:26 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social sinala que o labor de Cáritas fai de Lugo unha provincia máis solidaria e integradora

O Goberno galego concedeu un total de 500.000 euros en axudas a esta entidade para o ano 2021

16/04/21 | 14:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia preto de 900 prazas en escolas infantís da Mariña lucense

Agradece aos profesionais o esforzo que están a realizar para garantir a aplicación dos protocolos de seguridade