Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

05/05/20 | 12:49

Medio Ambiente repartiu xa 18.000 quilos de penso aos centros autorizados para a recollida de animais abandonados xestionados por entidades protectoras

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantivo unha reunión por videoconferencia con representantes destas entidades que viron mermados os seus ingresos, por mor da crise sanitaria do Covid-19

04/05/20 | 17:20

Medio Ambiente traslada ás sociedades de pesca a súa interpretación sobre as normas estatais que avalan a pesca fluvial como actividade deportiva ao aire libre

Tendo en conta o contido a Orde SND/388/2020, de 3 de maio, pola que se regula a práctica do deporte profesional e federado, a pesca fluvial estaría dentro das actividades permitidas

04/05/20 | 13:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e Adega renovan a súa colaboración para fomentar entre a mocidade o coñecemento e o coidado dos recursos fluviais de Galicia a través do ’Proxecto Ríos’

O Goberno galego, a través de Augas de Galicia, financia con 50.000 euros este programa de voluntariado e educación ambiental, no que o Instituto de Estudos do Territorio achega o soporte para a xeorreferenciación

04/05/20 | 12:51

Xunta e Ecoembes constatan un aumento do 25% da reciclaxe de envases de plástico e de papel e cartón no mes de marzo

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, mantivo esta mañá unha videoconferencia cos máximos responsables desta entidade en Galicia para analizar como está a ser a xestión da recollida selectiva e do tratamento destes residuos

01/05/20 | 12:35

Medio Ambiente compromete o seu apoio expreso á candidatura do Xeoparque Cabo Ortegal ante a Unesco

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, vén de subscribir unha carta de respaldo á iniciativa como paso previo á remisión da proposta á Comisión Nacional Española de Cooperación

29/04/20 | 16:18

MeteoGalicia conclúe que durante o estado de alarma a actividade acústica en Galicia diminuíu entre un 60 e un 70%

Con motivo do Día Internacional da Concienciación sobre o ruído, que se celebra hoxe, o organismo meteorolóxico galego fai público o seu quinto Informe de Ruído Ambiental de 2019 e un avance dos primeiros resultados sobre contaminación acústica no que levamos de estado de alarma

29/04/20 | 15:09

A Xunta asumirá o alugueiro das persoas que reciben axuda do bono de alugueiro social ata finais de ano

A Consellería deseña unha batería de medidas para facilitar que os galegos manteñan e accedan a unha vivenda, como a convocatoria da Orde extraordinaria de axudas ao alugueiro, a pesar de que o Estado aínda non transferiu os fondos comprometidos

27/04/20 | 15:05
27/04/20 | 13:22

A Xunta renova a colaboración coa Federación Galega de Caza para difundir os valores medioambientais asociados á actividade cinexética

A conselleira de Medio Ambiente e o presidente da Federación Galega de Caza mantiveron unha videoconferencia para asinar un convenio de colaboración coa entidade representativa dos cazadores galegos, que organizará xornadas e cursos orientados co fin de que coñezan a caza como un deporte seguro e sustentable, na súa xestión

27/04/20 | 11:39

Xunta e Ecovidrio constatan un aumento da reciclaxe destes residuos en marzo e o funcionamento normal do servizo

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, mantivo esta mañá unha videoconferencia co xerente da entidade en Galicia, Germán Fernández, para analizar como está a ser a xestión loxística da recollida selectiva e do reciclado