Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

09/12/21 | 14:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 3 ofertas para executar as sendas peonís de Vilar de Cas e Güimil e a mellora da contorna do santuario de Couso de Salas, en Muíños, cun investimento de 200.000 €

O Goberno galego prevé comezar na primavera esta intervención na estrada OU-302 para pór á disposición dos veciños estes novos itinerarios para desprazarse con máis seguridade

09/12/21 | 13:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que a Xunta rematará en xaneiro a demolición da estación de autobuses de Santiago para licitar en marzo a 1ª fase da Cidade de San Caetano, cun investimento de 21 M€

Estanse a derribar os 13.000 m² de superficie construída, distribuídos en tres andares, agás os edificios das oficinas municipais e o parque de bombeiros, que non se demolerá a curto prazo segundo o acordado co Concello

09/12/21 | 12:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destina 134.000 euros ás obras de reforzo do firme da estrada LU-933 na Pobra de Brollón

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de actuar en 2,3 quilómetros para completar a renovación do pavimento entre este municipio e o casco urbano de Monforte, que xa estaba parcialmente executado

08/12/21 | 12:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta continuará este xoves os traballos de limpeza nas marxes das estradas autonómicas das catro provincias

Proseguirán os labores en execución nas vías da provincia da Coruña: AC-840, en Oza-Cesuras, VG-1.4, ao seu paso polo municipio de Fisterra, e na autovía AG-64, en Narón

08/12/21 | 11:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

13 empresas presentan as súas ofertas para dotar de saneamento o núcleo de Reboredo, no concello de Campo Lameiro, cun investimento de preto de 363.000 €

Os traballos, que contan cun prazo de 4 meses, permitirán levar as augas residuais urbanas desta poboación á depuradora existente na Laxe para o seu tratamento

07/12/21 | 14:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Porto de Vigo colaborarán na integración urbana do borde litoral da cidade completando o itinerario peonil e ciclista entre Bouzas e Guixar cun investimento de 5 M€

Vázquez Mourelle destaca que a Xunta achegará o financiamento maioritario, 3,5 M€, para desenvolver as obras de humanización e de mobilidade sostible nos treitos da avenida de Beiramar e no Berbés

07/12/21 | 11:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a aprobación do cambio de titularidade a prol do Concello de Salvaterra de Miño de 4 estradas autonómicas e de 4 treitos antigos

Transfírense as estradas PO-420 (Taboexa-Vilacova), PO-430, que vai a Leirado, a PO-432 (Salvaterra-Río Miño) e a PO-433, que vai a Cabreira

05/12/21 | 12:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de 8 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de mellora do saneamento na parroquia de Roimil, en Friol, cun investimento de 253.000 euros

Os traballos contan cun prazo de 6 meses e permitirán conectar á rede de saneamento e depuración os lugares do Campo da Feira, O Pazo, Currás e A Penagateira

04/12/21 | 12:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de 10 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de mellora da depuradora de Comboa, en Soutomaior, cun investimento de 390.000 €

Os traballos, cun prazo de 4 meses, céntranse na modernización da planta de tratamento de augas residuais e na incorporación de sistemas de desodorización

03/12/21 | 15:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta celebra unha xornada informativa con veciños e técnicos municipais do concello de Vilagarcía de Arousa sobre o Plan de emerxencias da presa do Con

Representantes da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior e técnicos de Augas de Galicia explicaron o contido e as medidas previstas para facer fronte a unha eventual situación de alerta