Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

06/11/21 | 17:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O foro internacional "Carta de Santiago" procura respostas para retos sociais como as migracións masivas da man de especialistas como Joséphine Goube

Organizado pola Xunta, reúne estes días na Cidade da Cultura a 40 líderes en ciencia, cultura, medio ambiente ou cambio social para debater arredor dos retos globais

06/11/21 | 12:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os traballos con dirección novel gañan peso nas axudas da Xunta ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais

Nove das 17 propostas adxudicatarias da convocatoria deste ano apostan por directoras e directores que se están a iniciar na realización de longametraxes

05/11/21 | 19:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta loa a contribución do Museo do Gravado de Ribeira á hora de divulgar e impulsar as artes gráficas en Galicia nos últimos 20 anos

Anxo M. Lorenzo salienta tanto o seu labor de catalogación, estudo e difusión como a posta en marcha dunha Biblioteca Ilustrada e mesmo un obradoiro de gravado

05/11/21 | 17:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os fotógrafos Michel Le Belhomme e Miguel Ángel Tornero ofrecerán obradoiros na Biblioteca de Lugo no marco da mostra ‘Percorrer o tempo’ da Xunta

Inclúense no programa da exposición itinerante que transforma contedores de barco en salas de proxección coa mirada de prestixiosos artistas visuais e que chega a vindeira semana a Lugo

04/11/21 | 19:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez sitúa o Plan catedrais da Xunta como un paso decisivo para garantir a súa conservación

Loa a “rica e contundente” documentación do autor do libro que reflexiona en como a sociedade civil e eclesiástica converxen na construción de cada basílica

04/11/21 | 13:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xira do espectáculo do Centro Dramático Galego ‘O charco de Ulises’ chega á provincia de Ourense esta fin de semana

A obra da unidade teatral da Xunta de Galicia representarase o sábado no Teatro Municipal Lauro Olmo do Barco de Valdeorras e o domingo no Auditorio Municipal Ílduara de Celanova

04/11/21 | 13:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta leva a colección do CGAC a Ourense coa exposición ‘Néboas de luz’

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe a mostra no Centro Cultural Marcos Valcárcel

03/11/21 | 20:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a Universidade de Santiago coeditan unha guía sobre dereitos de autor para profesionais das industrias creativas

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou na presentación en Santiago desta publicación divulgativa elaborada polo avogado especializado na materia Ramón Rey García

03/11/21 | 16:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta leva o galego por cuarto ano consecutivo ao festival ponferradino Villar de los Mundos

O secretario xeral de Política Lingüística participou hoxe en Santiago na presentación deste evento que dedica a súa IX edición a Galicia e ao Ano Xacobeo

03/11/21 | 14:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsará as escolas de arte como canteira cultural a través do plan Educ-Arte

Melloraranse os currículos e o funcionamento dos centros que imparten música, danza, artes plásticas e deseño e conservación e restauración de bens culturais