Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

13/12/21 | 13:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de eliminación dun treito de concentración de accidentes na estrada PO-551 en Coiro e Tirán, nos concellos de Cangas e Moaña, que suporán un investimento de 1,1 M€

Vázquez Mourelle avanza que a previsión é comezar os traballos na vindeira primavera para telos rematados en 2022, xa que teñen un prazo de execución de 6 meses

13/12/21 | 11:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste 105.000 euros na mellora de dotacións do Concello de Baleira

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que se destinaron á pavimentación dun camiño que comunica con Baralla, o saneamento de Martín e a adquisición dun vehículo

13/12/21 | 10:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta alleará 19 lotes de madeira de 17.000 toneladas por preto de 300.000 euros nunha próxima poxa pública electrónica en Pontevedra

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se fai pública a convocatoria desta poxa telemática, que ten previsto celebrarse o 31 de xaneiro do ano vindeiro na xefatura territorial da Consellería do Medio Rural en Pontevedra

12/12/21 | 12:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 12 ofertas para executar unha senda peonil na estrada PO-549 no lugar de Corón, en Vilanova de Arousa, que suporá un investimento de 1,1 M€

A actuación permitirá reforzar a seguridade viaria desta vía autonómica que conecta Vilanova e Vilagarcía de Arousa, regulando os espazos diferenciados para vehículos e para peóns

11/12/21 | 12:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O avance das obras da autovía Nadela-Sarria fai necesario estender os cortes de tráfico durante seis días a partir do luns

A Xunta avanza no treito entre A Pobra de San Xiao e Sarria centro coa preparación da plataforma na que se asentará a base da segunda calzada, para o que son precisas microvoaduras

11/12/21 | 11:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remítelle ao Goberno de España o estudo sobre a aplicación na autoestrada estatal AP-53 das mesmas bonificacións que na AP-9

O Goberno galego cumpre o acordado cos alcaldes dos concellos da traza da autoestrada que une Santiago e Ourense sobre a realización do estudo e o seu traslado ao Ministerio de Transportes para a súa consideración

10/12/21 | 20:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reabre ao tráfico a ponte sobre o río Grande, en Baio

Os traballos de remate das obras, que só precisarán de cortes puntuais, continuarán ao finalizar o período do Nadal para minimizar as afeccións

10/12/21 | 11:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 20 ofertas para executar a mellora do sistema de saneamento nos concellos de Cee e de Corcubión, cun investimento de 8,1 M€

A Xunta adxudicará as obras no 1º trimestre de 2022 e comezará os traballos na primavera co obxectivo de rematalos a finais de 2023

09/12/21 | 14:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina máis de 70.000 euros á mellora do abastecemento e sistema de depuración de augas residuais do Concello de San Amaro

O delegado territorial explicou que na provincia de Ourense 67 concellos percibirán 95 axudas destinadas a mellorar estes servizos de competencia municipal