Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

20/10/20 | 12:15 | C. de Economía e Industria

Artesanía de Galicia formará as redeiras galegas en xestión comercial e marketing para apoiar a diversificación da súa actividade

A Fundación Artesanía de Galicia organiza un curso online que se celebrará do 26 de outubro ao 25 de novembro

20/10/20 | 10:39 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o labor da aceleradora galega da alimentación no reforzo da competitividade e a internacionalización do sector

O director do Igape, Fernando Guldrís, asistiu hoxe á presentación da terceira edición da Business Factory Food, promovida pola Xunta e coordinada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga)

20/10/20 | 10:37 | C. de Economía e Industria

O delegado territorial da Xunta en Ourense recibe ao presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Construción

Este encontro enmarcase dentro das reunións que o novo delegado está a manter con representantes das distintas asociacións da provincia.

20/10/20 | 10:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta amplía ata 1,6M€ as axudas do Bono Social Eléctrico que garanten a subministración nos fogares con máis dificultades

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a ampliación de crédito desta orde de axudas que sumará 300.000 euros máis este ano co obxectivo de chegar ao maior número de beneficiarios posible

19/10/20 | 13:45 | C. de Economía e Industria

Conde anima ao Cetim a colaborar no desenvolvemento do Polo para a Transformación de Galicia co que a Xunta opta aos fondos europeos de recuperación

Subliña que a Xunta está aberta a escoitar todas as manifestacións de interese que proveñan do tecido empresarial e dos centros de coñecemento para materializar novos proxectos

19/10/20 | 11:19 | C. de Economía e Industria

Galicia Calidade incorpora catro novas empresas alimentarias á marca e aumenta os produtos certificados

Leche Río (Lugo), Conservas del Noroeste (Vilaboa) e as adegas Gran Bazán (Vilanova de Arousa) e Finca Millara (Pantón) forman parte xa das máis de 135 empresas galegas que contan co distintivo de garantía

18/10/20 | 10:30 | C. de Economía e Industria

Empresas e centros de coñecemento presentan materiais innovadores creados en Galicia para o sector do contract

A Xunta ten aberta a inscrición para o novo workshop do ciclo ‘Materiais para o futuro’, que terá lugar o 22 de outubro

16/10/20 | 14:53 | C. de Economía e Industria

Tres candidaturas galegas optan como finalistas aos Premios Nacionais de Artesanía 2020

O obradoiro téxtil de Rir&Co (Allariz) e o taller de coiro de Santiago Besteiro (Monterroso) competirán polo Premio Emprendemento, mentres que a Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, opta ao Premio Promociona para Entidades Públicas polo proxecto Artesanía no Prato

16/10/20 | 12:52 | A Presidencia da Xunta

Feijóo avoga por aproveitar todas as posibilidades que ofrecen os fondos europeos para acadar unha recuperación forte, sustentable e que poña á economía real no primeiro plano

Subliña que a colaboración público-privada vai ser indispensable para aumentar o alcance e capacidade de investimentos dos proxectos tractores