Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

06/05/21 | 09:59 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta licita as obras de mellora do illamento do centro de día de alzhéimer de Lugo, ás que destina 100.000 euros

O delegado territorial, Javier Arias, explica que o contrato se enmarca no plan da Consellería de Política Social para acadar un novo modelo de servizos socioasistenciais tras a pandemia

05/05/21 | 14:30 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García salienta a vocación social do tecido empresarial galego como sinal de identidade da nosa comunidade

Resaltou o labor da lavandería que a empresa da ONCE ten en Santiago, que se encargou de lavar e desinfectar a roupa de cama das residencias integradas

05/05/21 | 11:50 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta a importancia da alianza "intensa e leal" entre as administracións e as entidades sociais para lograr a inclusión sociolaboral das persoas desfavorecidas

Di que o compromiso e a vocación de servir do tecido social galego multiplican o efecto dos máis de 1.200 millóns que a Xunta dedica ás políticas sociais, á igualdade entre homes e mulleres e a garantir a dignidade a través do traballo

03/05/21 | 15:54 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta traballa da man das entidades sociais na posta en marcha de melloras en materia de inclusión

Entre as cuestións tratadas destaca a renovación da Axenda Social Única de Galicia, a modificación da Lei de Inclusión Social ou os proxectos a financiar cos fondos europeos do Plan de Recuperación

30/04/21 | 15:19 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social salienta o labor dos profesionais dos centros de menores durante a pandemia sanitaria

A Xunta de Galicia destinou máis de 190.000 euros a mellorar as dependencias situadas na capital ourensá

30/04/21 | 12:56 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García denuncia que Galicia sexa a comunidade máis prexudicada polos novos criterios de distribución do Plan Concertado

Galicia pasará de percibir o 8,37% dos fondos destinados a axudar aos concellos a financiar os servizos sociais a tan só o 6,6%

29/04/21 | 13:37 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta mellorará o centro de día para persoas maiores de Cospeito cun investimento de 31.000 euros

O Concello executará os traballos e serán despois financiados polo Consorcio a través da compensación das liquidacións que corresponden por este servizo público

29/04/21 | 12:19 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta leva o programa Xantar na casa aos veciños do Concello de Guitiriz

O servizo entrará en funcionamento con dez usuarios, coa posibilidade de sumar novas incorporacións

28/04/21 | 14:34 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García recorda que Galicia foi pioneira na posta en marcha de residencias integradas, que atenderon a 600 maiores

Destaca que todos os centros residenciais son lugares seguro gracias á vacinación, o que fai preciso falar do futuro e do novo modelo