Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

04/12/20 | 14:14 | C. do Medio Rural

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria incrementará un 35% o seu orzamento o ano que vén, aumentando un 40% o destinado á formación e duplicando o dirixido á innovación

José Luis Cabarcos engadiu que en xaneiro se comezará a desenvolver a Lei da calidade alimentaria e se potenciará a marca paraugas que amparará as producións de calidade, así como o novo selo de artesanía alimentaria

01/12/20 | 15:19 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural incrementa en case un 9% o seu orzamento de 2021 para consolidar as actuacións en materia de prevención, recuperación e calidade

José González dixo que en 2021 estará aprobada a Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria, disporase dun borrador da de prevención e extinción de incendios forestais e comezará a desenvolverse a Lei de calidade alimentaria

29/11/20 | 11:36 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Boimorto colaboran para mellorar a xestión e a ordenación dos solos agropecuarios e forestais do municipio

A alcaldesa trasladou ao conselleiro do Medio Rural o seu interese por coordinar o Plan Xeral de Ordenación Municipal co futuro catálogo de solos agropecuarios e forestais que creará a Lei de Recuperación e Posta en Valor da Terra Agraria

27/11/20 | 11:34 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Parlamento de Galicia reforzan a actividade solidaria de Mercaproximidade para a provisión de alimentos aos colectivos máis necesitados

O conselleiro do Medio Rural e o Presidente da Cámara galega asinaron hoxe un convenio de colaboración para a compra e cesión de alimentos ás entidades sociais sen ánimo de lucro

25/11/20 | 12:04 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a necesidade de apoiar proxectos agroalimentarios innovadores que permitan dinamizar o rural galego

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) sinalou que a futura Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria de Galicia aportará solucións que respondan coa máxima axilidade posible á demanda de terras

24/11/20 | 12:26

Unha nova campaña da Xunta, 'A túa vida sen voltas', promove o uso seguro do tractor nos sectores agrario e forestal

A Consellería de Emprego de Igualdade a través do Issga, en colaboración co Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, deseñou a iniciativa que hoxe se presentou a través dunha webinar a 80 profesores e alumnos de FP

24/11/20 | 11:50 | C. do Medio Rural

A Xunta celebra dende mañá unha xornada virtual sobre as características e técnicas de elaboración de iogures

A xornada técnica intégrase no Plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información ao agro galego 2020, que desenvolve a Consellería do Medio Rural a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

20/11/20 | 16:47 | C. do Medio Rural
20/11/20 | 14:43 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca o préstamo vendima para que as adegas galegas poidan mercar toda a uva desta colleita en condicións normais de mercado

Estes empréstitos, que se regulan mediante unha orde que publica hoxe o DOG, servirán para paliar os efectos da covid-19, en cumprimento do Plan de reactivación e dinamización da Consellería do Medio Rural