Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

22/06/20 | 13:25

A Xunta notificou a 53 concellos da provincia da Coruña que son beneficiarios das axudas para a mellora das súas infraestruturas turísticas

Retómase así a liña de subvencións convocada en novembro pola Xunta de Galicia, e que tivo que ser paralizada pola crise sanitaria da covid-19, a través dunha nova fórmula administrativa

22/06/20 | 12:43

A Xunta suma un novo apoio ao Xacobeo 2021 tras asinar un acordo de patrocinio con R

O conselleiro de Cultura e Turismo e o director corporativo de Empresas de R e do Grupo Euskaltel asinaron hoxe o acordo na sede da empresa na Coruña

20/06/20 | 14:12 | A Presidencia da Xunta

Feijóo dá a benvida aos visitantes a unha Galicia que os espera cos brazos abertos: "Volvemos con seguridade, calidade, hospitalidade e cos valores de sempre"

Resalta que a Comunidade que volve, faino ofrecendo 986 praias, dous millóns de hectáreas de bosques, unha oferta termal sen parangón e un patrimonio secular rico, diverso e accesible

20/06/20 | 12:59

21 negocios da provincia da Coruña de restauración e aloxamento recibirán axudas para mellorar equipamentos e servizos

A Xunta comunicou aos beneficiarios a resolución desta convocatoria, dotada con máis de 327.000€ para accións de modernización, accesibilidade ou eficiencia enerxética provincia que mobilizarán máis de 1,1 millón de euros

18/06/20 | 15:27

A Xunta destina 4,4 M€ para impulsar o turismo rural a través da súa dixitalización e melloras nas infraestruturas

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, formaliza coa Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR) a creación dunha plataforma de reservas online así como o impulso da formación hixiénico sanitaria

18/06/20 | 12:35

A Xunta licita o proxecto de mellora, sinalización e acondicionamento do Camiño de Inverno por máis de 1,7 M€

A actuación levarase a cabo en 14 concellos de Valdeorras, Ribeira Sacra e Deza, entre os municipios de Rubiá e Lalín, onde o itinerario se une coa Vía da Prata

17/06/20 | 15:13

Preto de 80 negocios de restauración e aloxamento recibirán axudas para mellorar equipamentos e servizos

A Xunta comunica aos beneficiarios a resolución desta convocatoria, dotada con 1,5 M€ para accións de modernización, accesibilidade ou eficiencia enerxética

16/06/20 | 12:19

A Xunta e a Asociación de Guías de Turismo colaborarán na adaptación e creación de novos produtos poscovid-19

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o presidente de Apit Galicia, Tommi Alvarellos, asinaron hoxe un acordo cunha dotación de 80.000€

15/06/20 | 13:21

As oficinas de turismo da Xunta abren hoxe ao público nas sete cidades tras adaptar os seus espazos ás medidas contra a covid-19

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, visitou a instalación situada na cidade de Vigo, unha das nove xestionadas polo Goberno galego