Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta organiza un seminario en liña para empresas sobre elaboración de Plans de acción polo clima e a enerxía sostible
O webinar realizarase o próximo 5 de xuño e o prazo para poder inscribirse permanecerá aberto ata o día anterior, aínda que as prazas son limitadas
Medio Ambiente instala unha pantalla de información meteorolóxica e de calidade do aire en Laxe
Esta instalación tecnolóxica mellora e amplía a información aos veciños sobre a calidade do aire, a meteoroloxía e avisos ante posibles fenómenos extremos
Medio Ambiente retoma o certame fotográfico #Eusonpilabot para concienciar sobre a recollida de pilas no eido escolar
Durante esta semana as instantáneas participantes iranse publicando a través dos perfís sociais da campaña e da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, e do 8 ao 15 de xuño reactivarase o período de votación para elexir aos tres gañadores
Sanidade solicita ao Ministerio dous tipos de aforos diferentes para as praias galegas, en función da preamar e a baixamar
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, pediu ao ministro Salvador Illa que teña en conta as características das praias de Galicia
A Xunta flexibilizará as condicións de adxudicación do solo empresarial propiedade da Administración Autonómica para facilitar a reactivación da economía
Feijóo afirma que se facilitará o acceso de novas empresas interesadas en asentarse nos parques empresariais galegos, así como a continuación da actividade daquelas que xa son adxudicatarias de solo en alugueiro ou en dereito de superficie
Activada a web 'Mellor reparar que tirar' para avanzar na consolidación da Rede Galega PxR
Trátase dun espazo no que impulsar e fomentar a colaboración entre as entidades locais e os axentes económicos e sociais para intercambiar coñecementos e contribuír a reparación e reutilización de materiais
A Xunta reabre ao público os seus oito portais e centros de visitantes da Rede de Parques Naturais de Galicia
A conselleira Ángeles Vázquez visitou esta mañá a aula de interpretación das Fragas do Eume, en Pontedeume, para coñecer de primeira man o novo protocolo de funcionamento interno e de atención aos visitantes posto en marcha fronte ao COVID-19
A Xunta presenta aos concellos a app que poderán usar voluntariamente para controlar o aforo das praias máis concorridas
Porá a súa disposición ferramentas para axudarlles nesta competencia municipal co fin de dar garantías a galegos e turistas e proxectar un destino seguro
A Xunta porá a disposición dos concellos a plataforma Praias Seguras para facilitarlles a xestión do acceso dos cidadáns aos areais
Integrará a información do catálogo galego de praias do Instituto de Estudo do Territorio, que ofrece información xeográfica de cada areal para poder determinar a súa capacidade de carga máxima
Medio Ambiente analizará a delimitación da área Rexurbe proposta polo concello de Ribadavia
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda traslada ao rexedor municipal que o Instituto Galego de Vivenda e Solo analizará este proxecto municipal, que recolle a primeira Lei de rehabilitación de Galicia