Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Deporte:

15/12/21 | 12:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 106.000 euros a redacción do proxecto de mellora do saneamento na Seca e no porto de Campelo, en Poio

A actuación, incluída no Plan de saneamento local, consistirá na execución dun novo tanque de tormentas na Seca que regule o caudal cara á estación do porto de Campelo

14/12/21 | 18:14 | C. do Medio Rural

A Xunta avaliará a proposta do concello de Mesía para colaborar na adecuación de camiños no municipio co fin de previr incendios forestais

Na reunión analizouse a proposición municipal de cooperar no acondicionamento e limpeza de varios vieiros na parroquia de Boado, coa finalidade principal de anticiparse ao lume

14/12/21 | 15:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta celebra unha nova xornada cos axentes sociais sobre o Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2022-2025, que ten como obxectivo reducir nun 25 % o número de vítimas mortais nas estradas

Trátase de seguir avanzando no documento definitivo deste Plan pioneiro en España ao incorporar a “visión cero vítimas nas estradas”, para poder aprobalo en xaneiro

14/12/21 | 14:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe as ofertas de 10 empresas para executar unha senda peonil na estrada AC-214 en Sigrás, no concello de Cambre, cun investimento de máis de 743.000€

Construirase un itinerario de 720 metros de lonxitude, desde o cruce coa AC-213 e a N-550, nos núcleos da Telva, A Xira e A Pena de Sigrás de Abaixo

14/12/21 | 13:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta ultima un plan de reforzo para incrementar nun 10% os servizos de autobús da liña a Coruña-Ferrol

A proposta de reestruturación presentada polo concesionario prevé 10 servizos por autoestrada máis cada día de luns a venres, o que supón un incremento de máis do 30% nas expedicións con maior demanda

14/12/21 | 12:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
14/12/21 | 11:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca que a chegada do AVE a Galicia axudará a atraer visitantes neste Xacobeo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou na xornada “A chegada do AVE a Galicia”, organizada pola Asociación de Empresarios Galegos de Madrid

13/12/21 | 15:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita o contrato para a sinalización e a divulgación das áreas con risco de inundación da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa

O obxectivo é reforzar a concienciación sobre o risco de asolagamentos na demarcación, incrementando o coñecemento sobre o comportamento natural dos ríos e a influencia das accións dos cidadáns

13/12/21 | 14:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López anuncia a concesión dun Plan de Infraestruturas Rurais para Rodeiro na visita á mellora do camiño da Torre de Guillar

O delegado territorial, Luis López, informa que o municipio de Camba recibirá máis de 48.000€ para unha nova actuación viaria de pavimentación na contorna agrícola da parroquia de Carboentes nunha visita acompañado do alcalde, Rubén Quintá

13/12/21 | 13:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora da seguridade viaria na estrada AC-190 ao seu paso polo núcleo dos Regos, no concello de Oleiros

A intervención, cun investimento de preto de 50.000 euros, céntrase na execución dunha cuneta de seguridade entre os puntos quilométricos 1+390 e 1+770