Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

26/10/21 | 14:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta presenta a campaña de vacinación antigripal 2021 na provincia de Ourense

O delegado territorial da Xunta en Ourense resaltou que esta campaña terá como principal novidade a administración simultánea das vacinas da gripe e da covid-19 entre a poboación de 80 ou máis anos e que a campaña será implementada, por primeira vez, de xeito secuencial

26/10/21 | 14:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta remata as obras de renovación da cuberta e mellora da envolvente térmica do centro de saúde de Mugardos

O delegado da Xunta na Coruña, o xerente da área sanitaria de Ferrol e o alcalde de Mugardos visitaron o centro de saúde para comprobar o resultado da actuación

26/10/21 | 10:14 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 450 casos activos por coronavirus

Un total de 179.934 pacientes xa están curados

25/10/21 | 14:29 | C. de Sanidade

A Xunta iniciará no vindeiro mes o proceso para regular a entrega de medicamentos a domicilio

Desenvolverase o artigo da Lei de Ordenación Farmacéutica que permite esta posibilidade tanto a oficinas de farmacia como a farmacias hospitalarias

25/10/21 | 10:39 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu a 59 persoas por 49 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 22 de outubro ata as 23,59 horas do domingo, 24 de outubro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 65 chamadas por accidentes de tráfico

25/10/21 | 10:35 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 419 casos activos por coronavirus

Un total de 179.923 pacientes xa están curados

24/10/21 | 12:06 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade destaca que neste ano incorporáronse ao cadro de persoal do Sergas un total de 1.640 profesionais

Julio García Comesaña sinalou que, no primeiro semestre do próximo ano, está prevista a realización das probas selectivas para o acceso a 24 categorías

24/10/21 | 10:50 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 415 casos activos por coronavirus

Un total de 179.903 pacientes xa están curados

23/10/21 | 15:17 | C. de Sanidade

A Xunta publica o Proxecto de decreto que establece o procedemento para acreditación de centros sanitarios

Na normativa tamén se crea e regula a Comisión de Acreditación de centros sanitarios de Galicia

23/10/21 | 15:06 | C. de Sanidade

A revista New Medical Economics distingue a Galicia como a Comunidade Autónoma con actividade sanitaria máis innovadora

Galicia destacou este ano no uso das tecnoloxías da información aplicadas a todo o proceso de vixilancia, vacinación e atención sanitaria á covid