Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

10/06/20 | 14:07

A Xunta anima ao sector da distribución a facer achegas á Lei de residuos estatal polo seu papel clave na loita contra o plástico

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda recorda que o anteproxecto da Lei galega de residuos e solos contaminados quedou pendente de aprobación, debido á convocatoria de eleccións ao Parlamento de Galicia

10/06/20 | 12:12

O Plan de conservación do espazo natural Ribeiras do Mero-Barcés en Abegondo inicia o período de participación pública

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se abre un prazo de 20 días para que os colectivos e cidadáns interesados podan presentar as súas achegas a este documento

09/06/20 | 16:08

Galicia despide unha primavera moi cálida e con precipitacións dentro da normalidade

A temperatura media da estación acadou un valor de 14ºC, polo que estivo 1.68ºC por riba, tanto polas temperaturas máxima e mínimas rexistradas

09/06/20 | 13:17

Un total de 133 areais, portos deportivos e aulas-centros da natureza galegos lucirán o distintivo de bandeira azul este verán

Galicia mantén a súa posición na clasificación nacional de bandeiras azuis con 107 bandeiras para os areais de 33 concellos, ás que se engaden os distintivos para os portos deportivos e os centros azuis

08/06/20 | 11:45

Medio Ambiente inicia a tramitación ambiental do futuro Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Vigo

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático publica hoxe na web de Avaliación Ambiental Estratéxica o Documento Inicial Estratéxico e borrador do plan xeral

06/06/20 | 10:35

Pescadores galegos avistan un arroaz solitario na ría de Muros-Noia

Trátase dun comportamento peculiar deste exemplar de ‘Tursiops truncatus’, xa que adoitan convivir en grupo de 15 exemplares de media

05/06/20 | 11:01

A calidade do aire de Galicia o ano pasado foi boa, segundo os datos do informe anual elaborado pola Xunta

A información rexistrada pola rede de calidade do aire da comunidade indica que se cumpriron todos os requisitos fixados pola lexislación aplicable en materia de protección da saúde humana e dos ecosistemas fronte á contaminación atmosférica

04/06/20 | 12:58

Medio Ambiente e Vegalsa-Eroski activan unha campaña para recordar que as luvas e máscaras deben desbotarse no contedor da fracción resto

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destaca que a crise da covid-19 obrigou á sociedade a facer un uso xeneralizado e diario destes produtos de hixiene e protección, que deben ser depositados de xeito axeitado ao final da súa vida útil para facilitar unha correcta xestión

04/06/20 | 11:27

Aberto o prazo para a presentación de ofertas para a adquisición de inmobles no casco histórico de Ribadavia

Trátase dunha oferta ao abeiro do Programa Rexurbe, polo cal a Xunta adquire edificios e fincas nos conxuntos históricos das vilas galegas co fin de rehabilitalos e ofrecer vivendas en alugueiro ao veciños

03/06/20 | 15:13

Medio Ambiente redobra os esforzos para controlar a poboación de xabaril e paliar os posibles danos en época de semente

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda sinalou esta mañá o papel dos cazadores para reducir o conxunto de individuos desta especie silvestre a través de actuacións de caza controlada