Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

18/12/21 | 10:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá 1,8 M€ na execución de dúas sendas nas estradas OU-536 e ou-101, no Pereiro de Aguiar, que prevé licitar na primavera

Nas vindeiras semanas disporase dos proxectos definitivos destas dúas actuacións, que se reformularon para minimizar ao máximo as afeccións, aceptando así as alegacións recibidas

17/12/21 | 14:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta o papel da enxeñería na vertebración do territorio e na mellora da calidade de vida dos cidadáns

Destaca o labor destes profesionais en favor da sanidade pública, coa execución de infraestruturas hospitalarias de vangarda na comunidade

17/12/21 | 14:04 | A Presidencia da Xunta

Feijóo sinala o Espazo Amizar como unha das obras singulares da Coruña que acollerá os principais servizos públicos tras un investimento de 7 M€

Destaca que este complexo traslada o que quere facer a Xunta en Galicia e que o Goberno galego aforraralle aos cidadáns 750.000 euros ao ano no aluguer de sedes na Coruña

17/12/21 | 11:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta ten en marcha o Plan de vialidade invernal con 100 profesionais e 6 centros operativos para garantir a seguridade nas vías lucenses

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que o dispositivo está activado entre os meses de novembro e abril para facilitar a mobilidade nos case 1.500 quilómetros de vías autonómicas da provincia cando a climatoloxía é desfavorable

17/12/21 | 11:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta abre esta tarde ao tráfico o novo enlace da autovía do Salnés coa estrada autonómica PO-504 en Sanxenxo

O avance nas obras de mellora da conexión da vía de altas prestacións AG-41 coa PO-504, practicamente finalizadas, permiten xa a circulación neste punto

17/12/21 | 11:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adapta desde o martes os horarios dos autobuses entre O Barco de Valdeorras e A Gudiña para coordinalos cos novos servizos de tren a Madrid

A posta en servizo do treito de alta velocidade entre Pedralba e Ourense e a reconfiguración da oferta de servizos ferroviarios fai preciso adecuar os horarios de autobús para favorecer a intermodalidade

16/12/21 | 19:37

A Xunta destinará os 5 M€ dos fondos europeos reservados ás Illas Atlánticas a actuacións de repoboación e melloras en infraestruturas e dotacións

O investimento dispoñible para o período 2022-2023 distribuirase en tres proxectos para promover medidas para a xestión dos hábitats, optimizar a eficiencia dos servizos básicos nas illas e conceder axudas a iniciativas na súa área de influencia

16/12/21 | 15:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe as ofertas de 16 empresas para executar as obras de ampliación da rede de saneamento de Coirós cun investimento de 808.000€

Executaranse 16 novos tramos de colectores e unha estación de bombeo para sanear os núcleos de Agra-Figueiras, en Santa Mariña de Lesa, e de Colantres e Queirís, conectando estas novas redes de saneamento coas xa existentes

15/12/21 | 14:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza a proposta da Comisión Europea de incluír a conexión ferroviaria Vigo-Porto no corredor atlántico como rede central ampliada

O director xeral subliña o respaldo que isto supón ás iniciativas promovidas polo Goberno galego para a mellora das infraestruturas ferroviarias de Galicia e para o impulso dun transporte de mercadorías multimodal, equilibrado e competitivo

15/12/21 | 13:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 12,2 M€ as obras dos colectores e da nova depuradora de Foz, que triplicará a poboación servida e multiplicará por 9 a capacidade de tratamento

Executarase unha nova depuradora en Caldoureiro cun caudal máximo de 700 m³/hora, un novo tanque de tormentas, ampliarase o caudal e a capacidade dos bombeos actuais e disporanse 4,7 km de novas conducións