Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1270 novas da área temática Educación:

07/09/20 | 18:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez convoca este mércores a toda a comunidade educativa no Consello Escolar de Galicia para abordar o inicio de curso

Na reunión deste órgano consultivo superior, o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, escoitará as demandas de familias, do profesorado e das organizacións sindicais, todos eles nel representados

04/09/20 | 13:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A ANPA do CEIP Javier Sensat garante a Educación a prestación do servizo complementario de comedor para os 85 alumnos

O xefe territorial, César Pérez Ares, achegouse ao centro escolar, que contará con desdobres en 5º e 6º de Primaria, para comprobar a adaptación fronte á COVID -19

01/09/20 | 13:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta de Galicia crea os Premios Innovagal ao compromiso coa innovación educativa

O obxectivo desta convocatoria é recoñecer o labor de docentes e centros que desenvolvan enfoques didácticos ou organizativos que buscan dar resposta ás necesidades do seu alumnado

01/09/20 | 11:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación incorpora 26 novos centros públicos ao Plan de mellora de bibliotecas escolares

En total serán 705 centros públicos os integrados no curso 2020/2021 nesta iniciativa

31/08/20 | 18:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia mantén o inicio do curso escolar para o 10 de setembro, coa incorporación gradual do alumnado

Todo Infantil e Primaria organizarase en grupos de convivencia estable, mentres que a distancia de seguridade para ESO, Bacharelato e FP se fixa en 1,5 metros

31/08/20 | 13:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta traslada ás empresas e aos sindicatos o protocolo de prevención fronte á covid no autobús compartido para blindar a seguridade dos usuarios ante o inicio do curso

Vázquez Mourelle asegura que estas medidas farán do autobús compartido o medio de transporte público máis seguro, con normas máis exixentes que no autobús urbano, no tren ou no avión

27/08/20 | 15:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia celebra o consenso estatal acadado para o inicio do curso escolar, que incorpora a meirande parte das medidas xa previstas no Protocolo da Xunta

O documento ratificado entre Goberno e CCAA avoga pola presencialidade e avala os grupos de convivencia estable, o uso obrigatorio de máscaras e a aplicación de test serolóxicos, como xa contemplaba o Goberno galego

26/08/20 | 16:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación supervisa as obras realizadas nos CEIP de Atios e Antonio Palacios en O Porriño cunha inversión de 50.000 euros

O xefe territorial, César Pérez Ares, confirmou a reforma en dúas aulas da casa do conserxe no CEIP de Atios para acoller o desdobre programado pola dirección; e a reparación completa no muro exterior no caso do Antonio Palacios

26/08/20 | 16:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

A Xunta ultima unha nova Lei Orgánica de Saúde para enviar ao Goberno e levar ao Parlamento

Feijóo avanza que se redobra o esforzo de cara á nova campaña da gripe, que comezará o vindeiro 12 de outubro e se estenderá ata final de ano, cunha duración de 12 semanas

25/08/20 | 12:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Carmen Pomar e Manuel Baltar comproban o avance das obras do Centro Galego de Innovación en Formación Profesional

Está previsto que o centro, que supón un investimento de 9,9 millóns de euros, abra as súas portas ao longo do curso 2020/2021