Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

17/05/21 | 12:29 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia entrega un vehículo adaptado á asociación Os tres reinos para o traslado das persoas maiores que viven en zonas despoboadas

O obxectivo principal deste proxecto é mellorar a accesibilidade aos servizos, programas e proxectos para os maiores que viven en zoas despoboadas

17/05/21 | 12:23 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta repartiu material de protección e probas diagnósticas por valor de 9,8 millóns de euros ás residencias, centros de día e escolas infantís

Desde abril de 2020 distribuíronse máis de 41 millóns de unidades destes produtos, maioritariamente máscaras, luvas e xel hidroalcohólico

16/05/21 | 13:23 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o traballo da Asociación Rural Terra e Xente na dinamización das zonas menos poboadas de Galicia

Este centro axuda na cobertura de necesidades básicas, na alfabetización dixital e no asesoramento das persoas en risco de exclusión

15/05/21 | 12:18 | C. de Política Social e Igualdade

Galicia convida ás entidades do ámbito social a presentar proxectos innovadores e de mellora do sistema de coidados para captar fondos europeos

A Consellería de Política Social lanza unha Manifestación de Interese para implicar ao terceiro sector no desenvolvemento das liñas estratéxicas de actuación no ámbito social

14/05/21 | 16:01 | C. de Política Social e Igualdade

Primavera Xove organiza actividades para a mocidade nos espazos xove de Curtis, Ourense e Vilalba

En todas estas localidades celebráronse charlas, obradoiros e exposicións, entre outras iniciativas

14/05/21 | 14:53 | C. de Política Social e Igualdade

Galicia apela a retomar o traballo conxunto para conseguir unha estratexia nacional de reto demográfico que veña do consenso

Insta o Goberno central a concretar os orzamentos para facer fronte ao baixo índice de natalidade, a dispersión territorial, o sobreenvellemento ou a despoboación

14/05/21 | 14:06 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social investirá 33.000 euros en obras de mellora da escola infantil do Pereiro de Aguiar

O Concello asumirá a execución dos traballos, que financiará o Consorcio coa compensación das liquidacións que corresponden por este servizo público

14/05/21 | 13:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que a iniciativa Cabanas das Chousas é sustentable en todas as súas dimensións amosando o valor da madeira tanto no eido do deseño como da construción

A iniciativa contou, o pasado ano, cunha axuda de 20.000 euros por parte da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) enmarcada nos apoios para fomentar o uso da madeira e, en concreto, para apoiar a realización de obras de reforma ou acondicionamento de locais comerciais ou de negocio con produtos en madeira

12/05/21 | 14:42 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina máis de 200.000 euros a garantir o mantemento e posta en marcha de novos programas de inclusión social e laboral da asociación Poten100mos

Subliña o importante labor que están a realizar nestes momentos tan difíciles as entidades que traballan neste eido