Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

21/12/20 | 15:08 | C. do Medio Rural

A Xunta investiu 6,5 M€ en plans de mellora agraria e incorporación de mozos ao sector primario no concello de Lalín nos últimos catro anos

Luisa Piñeiro destaca a forte aposta do Goberno galego polo medio rural na capital dezá, cunha aportación global de 26,5 M€ dende 2017, na súa visita á explotación avícola de produción de pavos 'Valiña de Castro' co alcalde, Xosé Crespo

21/12/20 | 11:48 | C. do Medio Rural

A Xunta multiplica por tres a dotación das axudas para reconversión da viña para atender todas as solicitudes que cumpren os requisitos

O DOG publica hoxe a correspondente orde da Consellería do Medio Rural, que permitirá pasar o orzamento dos iniciais 1,1 millóns de euros a 3,5 millóns

20/12/20 | 12:45 | C. do Medio Rural

A Xunta aboou máis de 165 millóns de euros en axudas directas da política agrarias común entre os meses de outubro e decembro

Galicia foi das primeiras comunidades autónomas que pagou anticipos das axudas da PAC correspondentes á presente campaña no mes de outubro, por un montante de 38 millóns de euros

18/12/20 | 15:37 | C. do Medio Rural

A Estratexia de dinamización do sector lácteo galego procurará aumentar o peso das DOP de queixo na transformación industrial

Así o resaltou José Balseiros nunha comarca de importante vocación queixeira, na que sinalou que entre outras medidas buscarase adaptar os formatos e os envases destes produtos ás novas demandas de consumo e tipos de fogares

18/12/20 | 12:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Xunta destaca a calidade dos viños galegos e o potencial económico e turístico que xera o sector vitivinícola

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro do Medio Rural, José González, participaron esta mañá no acto de entrega dos Premios D.O. Ribeiro 2020

17/12/20 | 16:07 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o prestixio da gastronomía galega baseado na calidade das materias primas e no esforzo do sector

José González felicitou aos participantes desta nova edición pola excelencia de dúas das producións máis senlleiras do agro galego, cuxa calidade está máis que acreditada e recoñecida a nivel internacional

17/12/20 | 12:19 | C. do Medio Rural

A Xunta agarda que a marca que amparará o leite de pastoreo de Galicia estea operativa no segundo trimestre de 2021

O titular de Gandaría, José Balseiros, sinalou tamén que Medio Rural estuda axudas para a adquisición de sistemas GPS que permitan comprobar e verificar o pastoreo dos animais das explotacións que se sumen a esta iniciativa

16/12/20 | 12:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Xunta e o Parlamento de Galicia colaboran para facilitar menús solidarios de Nadal a persoas vulnerables ao abeiro da canle Mercaproximidade

O vicepresidente primeiro da Xunta, o conselleiro do Medio Rural e o presidente da Cámara galega, asinaron hoxe o correspondente convenio para formalizar esta iniciativa

15/12/20 | 16:42 | C. do Medio Rural

Galicia beneficiarase do reparto de fondos estatais para desenvolver un plan de bioseguridade centrado na sanidade animal e vexetal

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias reuniuse con responsables do Ministerio de Agricultura e doutras comunidades autónomas para abordar este futuro plan, dotado con 38 millóns de euros

14/12/20 | 16:29 | C. do Medio Rural

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria aposta polos lévedos autóctonos para a diferenciación da calidade aromática dos viños galegos

O grupo operativo desenvolveuse na denominación de orixe do Ribeiro, ao abeiro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020