Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

24/05/21 | 12:28 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta renova o programa psicolóxico coa Fundación Neuroburgas para atender a familias de nenos con dano neurolóxico

A Xunta colabora nesta iniciativa que ofrece asesoramento, apoio e acompañamento

23/05/21 | 12:08

O prazo de solicitude das axudas para a contratación de 700 persoas perceptoras da Risga continúa aberto ata o próximo xoves

Os apoios da Consellería de Emprego e Igualdade contan cun orzamento de 7,7 millóns de euros para impulsar o emprego local en 165 concellos ou agrupacións de municipios

21/05/21 | 13:07 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta constata o interese das entidades de iniciativa social en participar nos proxectos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia de Galicia

Os directores xerais de Inclusión Social, Arturo Parrado; o de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey; e o de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ferrnando González Abeijón, reuníronse esta mañá con EAPN para resolver as súas dúbidas

21/05/21 | 13:07 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta licita o equipamento da nova escola infantil de Paderne de Allariz para que entre en servizo o vindeiro curso

Destínanse 83.000 euros para dotar ao centro do mobiliario e material necesario para o desenvolvemento da actividade

21/05/21 | 12:46 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García anuncia un investimento de preto de 300.000 euros para mellorar a eficiencia enerxética da residencia de maiores de Carballo

Cambiaranse parte das fiestras do centro, mudaranse as caldeiras de calefacción por bombas de calor, adecuarase a cuberta do edificio e colocaranse placas solares para xerar enerxía ecolóxica e rendible

20/05/21 | 12:01 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina 49.400 euros á posta en marcha dun programa que promove o acceso ao deporte para as persoas con discapacidade

O obxectivo principal deste proxecto é mellorar a accesibilidade aos servizos e programas deportivos para axudar a desenvolver a psicomotricidade e a sociabilidade

19/05/21 | 19:16 | C. de Política Social e Igualdade

Galicia ofrécese a colaborar na acollida de menores chegados a Ceuta

O Ministerio trasladará un documento técnico ás comunidades cunha proposta de reparto de prazas

18/05/21 | 18:33 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García subliña que as persoas con discapacidade contaron con todo o apoio de Galicia “no momento máis difícil da historia recente”

Recordou que nas últimas semanas a Administración autonómica deu luz verde aos convenios para financiar ás federacións e entidades con discapacidade

18/05/21 | 12:40 | C. de Política Social e Igualdade

Galicia pide que o Goberno central estableza “vías de coordinación real” para superar as eivas do ingreso mínimo vital

Reitera a solicitude de traspasar ás comunidades autónomas a xestión desta prestación, para mellorar a súa xestión e evitar solapamentos con outras axudas