Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

03/08/20 | 18:29 | C. de Sanidade

Máis de 107.000 viaxeiros rexistraron os seus datos de contacto nos primeiros días de vigor da norma

A meirande parte deles, 62.446, proceden de territorio nacional, fundamentalmente do País Vasco e de Cataluña

30/07/20 | 12:53

O turismo en Galicia baixa en xuño nove puntos menos que no conxunto de España cun total de 75.000 viaxeiros

Os datos do Instituto Nacional de Estatística difundidos hoxe apuntan a unha caída da demanda do 83% na Comunidade fronte ao 92% da media nacional

29/07/20 | 14:35

A Xunta impulsa unha campaña de concienciación que percorrerá Galicia en verán para promover un turismo seguro

O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, visitou esta mañá o espazo informativo itinerante instalado na Alameda de Santiago de Compostela

29/07/20 | 11:56

Preto de 4.500 galegos participarán desde setembro en ‘Elixe Galicia’, o programa da Xunta de impulso ao turismo interno

A web de Turismo de Galicia publica a listaxe dos beneficiarios das estadías de ocio para mozos menores de 30 anos, familias e maiores

27/07/20 | 18:07 | C. de Sanidade

As persoas que cheguen a Galicia desde unha zona con alta incidencia epidemiolóxica terán que proporcionar os seus datos de contacto ás autoridades sanitarias

Nun máximo de vintecatro horas, deberán achegar os seus datos de contacto tanto se son persoas residentes en Galicia como se non, sempre que estiveran nos últimos catorce días en territorios de alta incidencia epidemiolóxica por covid-19

27/07/20 | 14:14

A Xunta impulsa a figura do arquitecto Domingo de Andrade cunha mostra itinerante que arranca na alameda de Santiago

Está composta por 24 paneis divididos en oito prismas que amosan a súa pegada en construcións emblemáticas como a Berenguela ou a escaleira de Bonaval

27/07/20 | 13:13

A Xunta abre mañá o prazo de solicitude do bono turístico

 Os interesados dos eidos sanitario e sociosanitario poderán pedilo de xeito voluntario e a súa concesión realizarase por orde de inscrición 

27/07/20 | 12:17

Sanxenxo convértese no primeiro concello de Galicia declarado territorio de preferente actuación turística

Culmínase así un proceso iniciado polo propio concello hai un ano e que supón a aprobación dun Plan de Actuación Integral que ordene os seus recursos

23/07/20 | 19:02

Román Rodríguez salienta que a "fichaxe" de José Manuel Calderón contribuirá a impulsar o Camiño de Santiago

O deportista peregrinará en agosto polo Camiño de Inverno nunha iniciativa impulsada por Monbus Obradoiro coa colaboración da Xunta de Galicia

23/07/20 | 16:11 | C. de Sanidade

As persoas procedentes de zonas con alta incidencia epidemiolóxica da covid-19 deberán comunicar os seus datos de contacto ás autoridades sanitarias

Feijóo avanza que esta nova medida terá carácter obrigatorio para todas as persoas que proveñan ou estiveran nos últimos 14 días en zonas con alta incidencia epidemiolóxica, independentemente de que sexan residentes na Comunidade ou non