Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

18/11/20 | 11:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende o impulso da dixitalización, a economía verde e o talento para construír en Galicia unha economía de maior valor engadido

O vicepresidente económico, Francisco Conde, participou esta mañá na inauguración da Galicia Maker Faire 2020

17/11/20 | 17:51 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía coa Representación da Comisión Europea en España os primeiros proxectos presentados por Galicia para optar aos fondos de recuperación

O vicepresidente económico, Francisco Conde, mantivo esta tarde un encontro co director da Representación da Comisión Europea en España, Francisco Fonseca

17/11/20 | 13:52 | C. de Economía e Industria

A segunda convocatoria deste ano do programa ReAcciona apoia os plans de mellora competitiva de 10 empresas luguesas

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, explicou que as achegas suman preto de 47.000 euros e entre os beneficiarios figura unha asociación

17/11/20 | 10:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Da comezo o curso TecEuropa de especialización en financiamento comunitario para entidades galegas

Máis 70 asistentes de entidades galegas públicas e privadas sen ánimo de lucro danse cita no curso de especialización en financiamento comunitario da Fundación Galicia Europa

16/11/20 | 16:14 | C. de Economía e Industria

Fernández-Tapias pon en valor a capacidade de reinvención das empresas viguesas con proxectos como o de Vigomask

A delegada territorial da Xunta en Vigo visitou hoxe a produción de máscaras liderada polas firmas viguesas Borda y Más e Lineaparami do Grupo Belty

15/11/20 | 10:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía co Consello Galego de Enxeñerías o potencial da futura Lei de reactivación económica para atraer proxectos cara a Galicia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro con representantes da entidade, que agrupa a oito colexios de enxeñeiros presentes na Comunidade

13/11/20 | 18:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta publicará a próxima semana as primeiras axudas para a hostalería e o turismo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, pecharon hoxe a rolda de contactos con todos os subsectores para escoitar as súas necesidades

13/11/20 | 14:15

Galicia esixe ao Goberno central rigor e criterios claros e xustos no reparto ás autonomías dos fondos do Plan de recuperación

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, participou hoxe na Conferencia Sectorial convocada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, onde defendeu a necesidade de coñecer xa as condicións nas que as comunidades poderán acceder ao ‘Next Generation’ da UE

13/11/20 | 13:14 | C. de Economía e Industria

Conde resalta que Galicia e Europa comparten o obxectivo de que a transición ecolóxica sexa un impulso á recuperación económica e social

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro coa directora de Política Enerxética da Comisión Europea, Cristina Lobillo