Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

15/01/21 | 10:34 | C. do Medio Rural

A Xunta levanta a prohibición de plantar pataca en nove concellos galegos afectados pola couza

Trátase dos municipios de Cariño, Ortigueira, Neda, Lourenzá, A Pastoriza, A Pontenova, Riotorto, Ribadeo e O Valadouro, que ao pasar a ser zonas tampón tan só requirirán a partir de agora dun seguimento exhaustivo das plantacións

14/01/21 | 11:06 | C. do Medio Rural

A Xunta incrementa nun 20% as axudas para o fomento da contratación de seguros agrarios ata os 6 M€

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a correspondente orde coas bases e a convocatoria destas achegas

13/01/21 | 10:36 | C. do Medio Rural

Medio Rural convoca 800.000 euros en axudas para indemnizacións por sacrificio obrigatorio de animais

O prazo de presentación de solicitudes arranca mañá e prolongarase ata o 30 de novembro

12/01/21 | 10:26 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca 3,65 M€ en axudas para fomentar a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas nos anos 2021 e 2022

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan estas achegas

11/01/21 | 11:14

As axudas para compensar os danos causados polo xabaril e o lobo en cultivos e gando poderán solicitarse a partir de mañá

O Diario Oficial de Galicia acaba de publicar as ordes polas que se convocan ambas liñas de subvencións, dotadas en total de máis de dous millóns de euros e coas que se estima que se poderán outorgar unhas 2.300 subvencións

09/01/21 | 11:47 | C. do Medio Rural

A Xunta lembra as medidas adoptadas para facilitar o movemento e a venda de vexetais sensibles ao psílido africano dos cítricos

A comercialización e traslado de cítricos dentro das zonas demarcadas permítese baixo certas condicións que limiten a transmisión da praga

08/01/21 | 09:48 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca as axudas para o fomento das razas autóctonas galegas por un importe de 200.000 euros

As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por vía electrónica, sendo o prazo de presentación dun mes contado a partir de mañá

06/01/21 | 12:41 | C. do Medio Rural

A Xunta licita a sinalización das Rutas do Viño da Ribeira Sacra, Monterrei e Valdeorras, nas que investirá 322.000 euros

O delegado territorial de Ourense, Gabriel Alén, explicou que as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o 25 de xaneiro

06/01/21 | 11:31 | C. do Medio Rural

O CIAM impulsa os programas de selección orientados a continuar mellorando a calidade xenética do seu rabaño frisón de produción de leite

O CIAM aposta por novas liñas xenéticas e pola recría dos 32 animais nacidos no Centro dende 2017, situados entre o 20% dos mellores exemplares rexistrados no libro xenealóxico da raza frisoa a nivel nacional

05/01/21 | 10:38 | C. do Medio Rural

Un total de 225 solicitantes resultaron beneficiarios das axudas para paliar as dificultades de comercialización de años e cabritos pola emerxencia sanitaria da covid-19

O DOG publica hoxe a resolución destas axudas xestionadas pola Xunta por un importe global de 62.705 euros, procedentes dos Orzamentos Xerais do Estado