Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

07/08/20 | 13:15

Medio Ambiente destinará case 115.000 euros a promover o turismo sostible e os valores naturais do complexo dunar de Corrubedo

A Consellería vén de adxudicar o servizo para o deseño e execución de campañas de divulgación e promoción do turismo de natureza sostible e de educación ambiental relativos a este parque natural durante os vindeiros dous anos

05/08/20 | 12:33

Galicia despediu o mes de xullo máis seco desde o ano 1986, cun 93% menos de precipitacións do habitual para esta época

O avance do informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia apunta a que a Comunidade viviu un período extremadamente cálido, sobre todo en canto ás temperaturas máximas, e durante o que case non se rexistraron chuvias

01/08/20 | 12:01

Medio Ambiente destinará máis de 65.000 euros a promocionar o turismo sostible e os valores naturais do Monte Aloia

A Consellería vén de adxudicar o servizo para o deseño e execución das campañas de divulgación e promoción do turismo de natureza sostible e de educación ambiental neste parque natural durante os vindeiros dous anos

31/07/20 | 13:13

Medio Ambiente aproba o primeiro PXOM de Baños de Molgas co obxectivo de fixar poboación e impulsar as políticas de vivenda

A conselleira Ángeles Vázquez asinou hoxe a orde de aprobación definitiva do plan, que pon fin á tramitación iniciada en 2008 e terá unha vixencia de 20 anos

29/07/20 | 13:03

Medio Ambiente mobilizou desde 2009 máis de 1,1 millóns de euros en actuacións para mellorar servizos e fixar poboación en Cualedro

A conselleira Ángeles Vázquez e o rexedor Luciano Rivero visitaron esta mañá a contorna das cinco vivendas de mestres rehabilitadas grazas ás axudas do Instituto Galego da Vivenda e Solo para comprobar o resultado dos traballos de urbanización e acondicionamento realizados na zona nos últimos meses

27/07/20 | 12:43

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística priorizará no período 2020-2021 as inspeccións en concellos costeiros, con espazos naturais ou polos que transcorra o Camiño de Santiago

O DOG publica hoxe o novo plan de inspección urbanística (PIU) da APLU, que fixa os obxectivos principais e as actuacións que primará o persoal ao seu servizo

25/07/20 | 12:05

Un total de 21 empresas presentaron ofertas para a execución da conexión exterior de saneamento do parque empresarial de Morás

A obra permitirá recoller e transportar as augas residuais desde o polígono industrial localizado en Arteixo ata a arqueta de carga do sifón de Bens

23/07/20 | 11:57

A Xunta somete a información pública o Plan de conservación do espazo natural Complexo Duna e Areal do Vao-Baluarte, en Vigo

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se abre un prazo de 15 días hábiles para que os interesados poidan presentar as súas achegas ao documento, que entra deste modo na recta final da súa tramitación

22/07/20 | 13:40

Medio Ambiente estudará colaborar co Concello de Bande nun proxecto para urbanizar a praza principal do municipio

Ángeles Vázquez reuniuse esta mañá coa rexedora Sandra Quintas, quen lle fixo entrega dunha memoria cos detalles da actuación

22/07/20 | 12:40

A Xunta e Concello de Santiago acondicionarán como zona verde unha parcela de 1.700 m2 en Xoán XXIII antes de destinala á construción de vivendas protexidas

A conselleira Ángeles Vázquez e o rexedor compostelán Xosé Sánchez Bugallo asinaron esta mañá un protocolo de colaboración que dá cumprimento ao acordo acadado en 2019 para desbloquear a situación destes terreos, propiedade do IGVS