Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

04/01/22 | 11:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto para executar unha senda na estrada PO-548 en Catoira

O contrato, adxudicado por un importe de 18.000 euros, conta cun prazo de 5 meses

03/01/22 | 13:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o concello de Castrelo de Miño asinan o convenio para executar as actuacións necesarias para reducir o nivel de arsénico no sistema de abastecemento de auga

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, vén de asinar de xeito telemático, co alcalde do Castrelo de Miño, Avelino Pazos, este acordo

03/01/22 | 12:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste máis de 67.000 euros na reforma da praza do centro sociocomunitario Isabel Zendal

Estes incentivos están pensados para os municipios de menos de 20.000 habitantes, para colaborar nos seus proxectos de humanización e frear o despoboamento, mellorando a calidade de vida dos veciños

03/01/22 | 12:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza o inicio o 10 de xaneiro do reforzo das conexións de autobús entre a Coruña e Ferrol, activando 55 servizos directos máis á semana

A reestruturación potencia os servizos directos entre as cidades da Coruña e de Ferrol e optimiza os traxectos intermedios, garantindo a accesibilidade dos corredores A Coruña-Betanzos e Ferrol-Pontedeume

30/12/21 | 13:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por case 10,2 M€ o contrato de explotación e mantemento da depuradora dos Praceres, en Pontevedra, para os vindeiros 2 anos

O Goberno galego dá continuidade ao servizo que garante a depuración das augas residuais dos concellos de Marín, Poio e Pontevedra, tendo en conta que Pontevedra é a única gran cidade na que o Concello non xestiona a depuradora municipal

29/12/21 | 14:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina preto de 50.000 euros á pavimentación das rúas do núcleo de Nocedo, no concello dos Blancos

O delegado territorial sinalou que este tipo de actuacións teñen a finalidade de mellorar os equipamentos e dotacións dos pobos e vilas do rural, aumentando a variedade e elevando os niveis de servizos

29/12/21 | 11:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a redución da suba das peaxes das autoestradas autonómicas en 2022, limitando a menos da metade o impacto do incremento do IPC nas tarifas

O Goberno galego achegará 550.000 € para reducir do 5,09%, que correspondería pola suba do IPC, ao 2,5% o aumento das peaxes nas autoestradas A Coruña-Carballo e do Val Miñor

29/12/21 | 10:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por preto de 320.000 euros as obras da senda peonil e ciclista na estrada AC-213 na Telva, en Cambre e Culleredo

Construirase unha senda de 680 metros de lonxitude na marxe da vía autonómica: 540 metros na AC-213 e 140 metros no ramal ao polígono de Alvedro

28/12/21 | 15:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 737.000€ a construción dunha senda peonil na estrada PO-548 en Cordeiro, no concello de Valga

O delegado territorial, Luis López, anunciou a apertura da fase de contratación desta actuación nunha visita á zona coa alcalde, José María Bello, e outros representantes municipais

28/12/21 | 13:24 | C. de Sanidade

A Xunta recibe as ofertas de 7 empresas para completar a renovación integral de beirarrúas en Castro Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei

As obras foron licitadas por case 420.000 € e permitirán actuar en preto dun quilómetro da travesía da estrada LU-113, desde o centro, á altura da praza de Galicia, ata a saída do núcleo urbano en sentido Abadín