Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta anuncia en Culturgal as iniciativas para impulsar o sector dos videoxogos a través do hub audiovisual
O director da Agadic, Jacobo Sutil, intervén cos representantes da asociación Videoxogo.gal, cos que colabora o Goberno autonómico na primeira iniciativa autonómica de fortalecemento deste sector con gran capacidade de crecemento
A Xunta mellora o equipamento de bibliotecas, arquivos e locais culturais municipais de 40 concellos cunha achega de 500.000€
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visita a biblioteca de Chantada, unha das beneficiarias e na que se realizarán obras de acondicionamento da cuberta
Román Rodríguez salienta a fortaleza da cultura galega e compromete todo o apoio para retomar o crecemento en 2022
Confía no avance da situación sanitaria para deixar atrás a fase de resistencia e reactivación dos últimos meses
A Xunta reforza o apoio á investigación universitaria enfocada á excelencia e ao liderado internacional cunha inxección de 32M€ aos oito centros punteiros
O conselleiro explica que o obxectivo é afianzar as sinerxías entre centros e avanzar nun “tipo de investigación diverso e altamente especializado” que en Galicia concentra máis de 1000 investigadores organizados en máis de 60 grupos de investigación
A XVII Xornada de Normalización Lingüística celebra os 30 anos dos equipos de dinamización da lingua galega
O secretario xeral de Política Lingüística participou esta mañá na inauguración deste encontro, organizado por Escolas Católicas co apoio da Xunta e dirixido ao profesorado de centros públicos e privados
A Cidade da Cultura contará co primeiro centro de artes dixitais de Galicia e impulsará un programa para pór en valor legados e coleccións artísticas
A folla de ruta prevé unha ambiciosa aposta polo binomio cultura e tecnoloxía, tanto desde o punto de vista da creación como do achegamento á cidadanía de experiencias artísticas anovadoras
O Museo do Mar de Galicia acolle ata o domingo o ciclo de concertos ‘Mar de mulleres’ con catro citas
A iniciativa da Xunta leva a Vigo a actuación de artistas galegas como Leilía, Belén Tajes, Su Garrido, Blues do País, Mallou, Masrgarida Mariño ou Mounqup
A Xunta abre no Gaiás un espazo de reflexión e acción contra a explotación sexual de mulleres e nenas a través da obra documental de Mabel Lozano
O documental que deu orixe a esta exposición proxectarase de balde no Museo Centro Gaiás os días 25 e 27 de novembro
A Xunta aproba o II Plan Estratéxico Cidade da Cultura de Galicia que prevé 70 accións culturais e unha mobilización de preto de 30 millóns de euros
Feijóo incide no obxectivo de incrementar o papel do Gaiás como creador de contidos
Vigo convértese da man do Xacobeo 21-22 no epicentro da maxia a nivel mundial cos mellores artistas nacionais e internacionais no Teatro Salesianos
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o coordinador e director artístico Roberto Lolo, presentaron hoxe a I Gala Internacional de Maxia Xacobeo 21-22 que se celebrará o vindeiro 6 de decembro na cidade viguesa