Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

02/06/21 | 15:53 | A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza o novo plan de familias numerosas que duplicará o seu financiamento superando os 62 millóns de euros

Destaca que esta iniciativa engloba un total de 48 medidas en cinco ámbitos distintos que se estenderan ata o ano 2023

01/06/21 | 20:04 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta investirá 312.000 euros na residencia de Castro Caldelas para realizar unha reforma integral

Esta actuación permitirá renovar a distribución e mobiliario dos cuartos, así como unha mellora da eficiencia enerxética de todo o edificio

01/06/21 | 15:10 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia colaborará na organización do Congreso Internacional de Infancia Maltratada en maio de 2022

Destacou a importancia da difusión e a formación dos profesionais para que estas situacións se detecten de xeito áxil e evitar que queden silenciadas

01/06/21 | 13:27 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta colabora coas entidades financeiras na mediación coas persoas en situación de vulnerabilidade na busca de solucións para os afectados por desafiuzamentos

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, mantivo unha reunión con representantes dalgúns dos principais bancos españois, como Abanca, Santander, CaixaBank ou BBVA

01/06/21 | 13:27 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta achega máis de 81.000 € para financiar programas de promoción de autonomía persoal e de atención integral ás persoas con discapacidade da Fundación Adcor

O obxectivo principal destas iniciativas é ofrecer aos usuarios servizos de formación, vivenda ou ocio, así como de coñecemento no ámbito ocupacional ou prelaboral orientado á busca da inclusión social

31/05/21 | 13:30 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta colabora coas entidades sociais na posta en marcha de melloras en materia de inclusión en relación co emprego

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, e a directora de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, mantiveron unha reunión con EAPN para coordinar as axudas para o fomento da inclusión social activa

31/05/21 | 12:55 | C. de Política Social e Igualdade

As escolas infantís da Xunta iniciarán o vindeiro curso con máis de 8.200 nenas e nenos admitidos

O prazo para formalizar a matrícula abre mañá martes e remata o vindeiro día 10 de xuño

29/05/21 | 12:10 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia destaca a importancia da busca de novos modelos nos coidados para as persoas con demencia nas xornadas interdisciplinarias da Federación Alzhéimer Galicia

Salientou o labor levado acabo pola entidade na “intervención, asesoramento e acompañamento ás persoas que teñen alzhéimer e outras demencias dexenerativas”

28/05/21 | 14:00 | C. de Política Social e Igualdade

Jacobo Rey analiza coa Fundación Meniños e a Asociación Arela as súas propostas de colaboración para o Plan de recuperación, transformación e resiliencia

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, mantivo unha reunión cos directores de ambas entidades para resolver as súas dúbidas