Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta a través do GDR e do GALP da Costa da Morte apoiou 18 proxectos no 2020 cun investimento de máis de 1,3M€
O delegado da Xunta participou nun encontro de traballo cos presidentes de ambas entidades para facer balance e definir as estratexias no 2021
A Xunta vén de comunicar ao Ministerio de agricultura un foco positivo do sars-cov-2 nunha granxa de visóns situada en Galicia
A comunicación da positividade, que tamén se trasladou ao titular da explotación, faise consonte ás normas vixentes en España de comunicación de enfermidades emerxentes
A Xunta destina 2,15 millóns de euros ás axudas para as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras de 2021-2022
Estas entidades desenvolven os programas de prevención e control de enfermidades, que melloran as condicións hixiénicas e de benestar animal das explotacións e contribúen a manter o bo status sanitario da cabana galega
Galicia defende ante o Goberno central o seu acordo coas demais comunidades cantábricas a prol dunha futura PAC equilibrada e xusta a nivel nacional
Na reunión, o ministro Planas valorou positivamente esta proposta, polo seu “carácter construtivo”
Feijóo pon en valor a rede Mercaproximidade que axudou a 640 marcas e produtos do sector primario a saír ao mercado durante a pandemia
Salienta que a posta en marcha desta canle xunto á colaboración de grandes distribuidoras, fixo posible trasladar produtos de proximidade ás baldas dos supermercados
Galicia e as demais comunidades da Cornixa Cantábrica reclaman ao Goberno central que contemple as súas peculiaridades na aplicación da futura PAC
As catro autonomías defenden que o Plan Estratéxico nacional da PAC se apoie e recoñeza o modelo de explotación familiar agraria sustentable do norte de España
A Xunta destinará case 270.000 euros ao grupo de desenvolvemento rural Salnés-Ulla-Umia para apoiar o seu labor ata o ano 2022
Con estas achegas búscase que o GDR poida continuar dinamizando a súa zona de influencia na provincia de Pontevedra e seleccionando novos proxectos que contribúan a acadar un maior desenvolvemento dos concellos implicados
A Xunta abre o prazo de solicitude das axudas para impulsar o uso das enerxías renovables e a eficiencia enerxética no sector agrícola
O Goberno galego destina 2,5M€ para que empresas e autónomos do ámbito agrícola primario poidan optimizar o seu consumo enerxético e desenvolvan proxectos de biomasa, biogás, aerotermia, xeotermia, solar térmica, fotovoltaica e eólica
A Xunta renovará no 2021 o Préstamo Vendima para garantir que as adegas poidan mercar toda a uva da colleita en condicións normais de mercado
Este instrumento púxose en marcha en 2020, diante das dificultades derivadas da pandemia pola covid-19, para financiar tamén o capital circulante destinado a cubrir os custos da uva de produción propia de cada adega
Feijóo traslada ao ministro de Agricultura a necesidade de que os intereses atlánticos e cantábricos do sector se teñan en conta na política agraria europea e no reparto dos seus fondos
Asevera que Galicia plasmará todas estas prioridades nun documento baseado en criterios técnicos e elaborado xunto coas universidades galegas, co fin de trasladalo ao Goberno central