Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta financia con case 13,7 M€ a actividade científica das unidades de investigación máis punteiras no sistema de I+D+i galego
O Goberno galego asegura o financiamento estable do labor de 90 grupos pertencentes ás tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG), aos organismos públicos de investigación galegos, ás fundacións de investigación sanitaria e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia
A Xunta de Galicia concede axudas por un importe total de preto de 74.000 euros a un total de 32 ANPAs de educación especial
O obxectivo é contribuír a sufragar a realización de actividades, así como gastos de adquisición de material ou mantemento de instalacións, entre outros
O Comité Educativo traballará nun plan específico para o caso hipotético de corentenas de longa duración
Román Rodríguez explicou que o obxectivo é actuar con antelación e adiantarse a posibles escenarios que, en todo caso, non se contemplan neste momento
A Xunta publica a primeira base de datos dixital de materiais innovadores creados por empresas e centros de coñecemento galegos
A nova web da Materioteca de Galicia permite acceder en aberto á súa base de datos e ao seu catálogo de servizos para impulsar o deseño e a innovación mediante o uso de materiais innovadores
Román Rodríguez avanza que a Xunta reforzará os servizos de limpeza e de comedor escolar nos centros educativos
O conselleiro de Educación explicou no Parlamento que se vai incrementar o investimento e o persoal para estes servizos, atendendo ás demandas da comunidade educativa
A Xunta blinda o sistema educativo galego cun investimento de 162 M€ para atender as necesidades xeradas polo contexto covid
O conselleiro explicou que a meirande parte do esforzo orzamentario, en concreto preto de 94 M€, destínanse a recursos humanos, o que inclúe o reforzo de 2.300 novos profesores
O programa 'Radio na Biblio' de bibliotecas escolares prevé a incoporación de 30 novos centros públicos este curso
A Xunta mantén aberta ata o venres esta convocatoria na que 80 centros tamén poderán solicitar a súa renovación para o presente curso
Educación comeza os trámites previos para a renovación dos contratos do servizo de transporte escolar nos próximos cursos
A Consellería remite o anuncio ao Diario Oficial da Unión Europea (DOUE), primeiro paso dun procedemento administrativo que deberá completarse coa redacción dos pregos e o inicio do proceso de contratación
O comité educativo aproba unhas recomendacións organizativas para os centros no referido aos recreos
Así mesmo, estase a traballar en varios protocolos específicos, entre eles un centrado nas actividades extraescolares e outros en relación ás ensinanzas de réxime especial e ás prácticas de FP