Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 322 novas da área temática Territorio:

24/05/22 | 18:45

Ángeles Vázquez insta ao Goberno central a 'reflexionar sobre o lobo, reconectar co rural e restaurar aos gandeiros' polos danos da súa decisión

Lamenta a “nula sensibilidade” do Executivo estatal co mundo rural e cos gandeiros que durante anos propiciaron e garantiron a protección do lobo ibérico en España

21/05/22 | 12:44
07/05/22 | 13:16

A Xunta contrata un estudo de viabilidade sobre a ampliación do polígono industrial de Santa Comba

Ángeles Vázquez trasládalle á rexedora que a Consellería encargou en abril os traballos de redacción correspondentes co obxectivo de poder ter listo o documento este ano

04/05/22 | 12:24

Unha vintena de concellos estudan participar este ano nos proxectos de apoio cartográfico da Xunta

O Goberno galego lanza unha nova convocatoria do proxecto PNOA10 e do Programa de apoio cartográfico aos concellos cos que se busca obter ortofotos aéreas de alta precisión e bases topográficas a tres escalas diferentes dos territorios participantes

03/05/22 | 12:20

A Xunta aproba a delimitación do núcleo rural de O Pereiro, no concello de A Mezquita

Trátase dun ámbito de máis de 41.000 m2 que se atopa a dous quilómetros da capital municipal

02/05/22 | 14:11

A Xunta asumirá o 100% do custo do novo PXOM de Monterrei cunha achega de case 130.000 euros

Ángeles Vázquez anima ao rexedor a traballar para sumarse aos 113 municipios galegos que xa contan cun planeamento adaptado ao marco normativo urbanístico de referencia

01/05/22 | 19:21

A Xunta avanza na guía para a integración paisaxística das instalacións dos máis de 120 portos galegos, que se publicará este ano

O obxectivo é que sexa unha ferramenta para integrar os espazos portuarios existentes na paisaxe marítima e na fisionomía das vilas e urbes nas que se localizan co menor impacto

Cun investimento de preto de 40.000 euros, será un dos manuais editados na última década no marco da Colección Paisaxe Galega
04/04/22 | 15:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Unha trintena de expertos colabora coa Xunta no estudo de reforma da planta local galega e o impulso de novas fusións

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, presidiu hoxe unha nova reunión da comisión de seguimento do convenio entre a Xunta e a Fundación Juana de Vega, que ten como obxectivo acadar concellos máis sustentables e optimizar os seus servizos

30/03/22 | 15:02

A Xunta adxudica unha parcela de 106.000 m² e dun valor de 8,2 M€ no polígono de Morás, en Arteixo

A Administración autonómica e Aluman asinaron a escritura pública correspondente á asignación deste ámbito, onde a empresa construirá unha nova fábrica

30/03/22 | 14:16

A Xunta adxudica a urbanización da terceira fase do polígono das Gándaras, na que as empresas dispoñen de 27 parcelas bonificadas ao 50%

A adxudicataria terá nove meses para executar os traballos, polo que previsiblemente a urbanización estará completada a finais deste ano ou comezos do seguinte