Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 287 novas da área temática Exterior:

28/02/22 | 17:49 | C. de Política Social e Igualdade

Galicia ábrese a acoller refuxiados ucraínos e ofrece os recursos e instalacións necesarios para darlles amparo

A Xunta trasladará esta mensaxe ao Goberno central nunha reunión que se celebrará para coordinar a resposta á posible chegada de cidadáns que foxen da guerra

25/02/22 | 15:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O programa IACOBUS aproba 165 candidaturas da Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal

Aprobáronse 108 solicitudes para participar na 9ª edición do programa para estadías de investigación, ás que se suman outras 57 da 4ª convocatoria do IACOBUS Papers destinada a divulgación de publicacións científicas

18/02/22 | 17:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a identidade común da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e a necesidade de preservar a historia compartida

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, inaugurou hoxe o encontro ´´Representacións e identidades na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal´´, no que participaron expertos en Antropoloxía Economía, Historia e Lingüística de Galicia e Portugal

15/02/22 | 13:39 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta en París a aposta do sector vitivinícola galego pola calidade e a internacionalización

O director do Igape, Fernando Guldrís, subliña, no marco da Feira Vinexpo, que esta é unha das industrias máis dinámicas e internacionalizadas da economía agraria de Galicia, e pon en valor a boa marcha das exportacións galegas

14/02/22 | 14:18 | A Presidencia da Xunta

Feijóo expón o interese de Galicia por reforzar a relación con Xapón a través de novos proxectos turísticos, educativos e económicos

Salienta o inicio, este mesmo mes, das conversacións con autoridades xaponesas para irmandar tamén o Camiño de Santiago co Camiño Kannon

03/02/22 | 13:54 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración abre a convocatoria de 250 bolsas de Máster en Galicia para mozos galegos residentes no exterior

O Goberno galego aumentou, por segundo ano consecutivo, en 50 as bolsas excelencia mocidade exterior para o curso 2022/23 de cara a atraer aos galegos do exterior de alta cualificación

02/02/22 | 14:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta valora a cooperación transfronteiriza con Portugal como piar de desenvolvemento turístico

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na apertura oficial da nova oficina de información e turismo de Tui

01/02/22 | 14:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia apoia o fortalecemento das relacións entre as rexións da UE e do Reino Unido

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, expuxo por videoconferencia no Comité Europeo das Rexións a necesidade de dar seguimento á aplicación da Reserva de Adaptación ao Brexit

01/02/22 | 10:07 | C. de Política Social e Igualdade

Galicia asume a coordinación autonómica en materia de emprego e asuntos sociais na Unión Europea

A comunidade toma o testemuño a Castela A Mancha para actuar ante o Consello da UE durante este primeiro semestre de 2022, que coincide coa presidencia francesa

27/01/22 | 14:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia avoga en Bruxelas polo establecemento dun marco de transición xusta para o sector do automóbil

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia no 148º pleno do Comité Europeo das Rexións (CdR) no que se debateu sobre as novas propostas europeas en materia de descarbonización do transporte coa comisaria do ramo, Adina Valean