Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

05/05/22 | 16:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias participa nos obradoiros da escola infantil da Rúa Aragón para concienciar sobre a importancia da hixiene de mans

A delegada territorial da Xunta en Vigo acudiu a un encontro cos máis pequenos con motivo do Día Mundial da Hixiene de Mans

05/05/22 | 16:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia da formación dos servizos de emerxencias para atender as incidencias relacionadas con Protección Civil e incendios

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, recibiu hoxe aos membros da nova xunta directiva da Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros en Galicia

05/05/22 | 15:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello de Folgoso do Courel na mellora da eficiencia enerxética e na climatización do albergue municipal

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, as actuacións levadas a cabo o ano pasado ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental

05/05/22 | 15:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o Festival do Pasatempo no marco dos concertos do Xacobeo como exemplo dunha programación diversificada e de calidade

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta mañá na presentación deste ciclo de concertos, que terá lugar no auditorio do Pasatempo do 14 ao 16 de xullo

05/05/22 | 15:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén sinala ao sector vitivinícola como símbolo de tradición ao mesmo tempo que punteiro en innovación e investigación

O delegado territorial manifestou que o viño contribúe á nosa imaxe de país ade-mais de ser un polo de atracción de visitantes e turistas

05/05/22 | 14:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica comisa 25 quilos de ourizo nun operativo de loita contra o furtivismo na Coruña

O marisco incautado foi devolto ao mar e levantouse unha presunta infracción á Lei de Pesca de Galicia

05/05/22 | 14:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta apoia dous programas de atención integral impulsados por Albores no ámbito da saúde mental

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a entidade de Monforte de Lemos contou coa colaboración da Consellería de Sanidade para promover accións de acompañamento no fogar e de inserción sociolaboral

05/05/22 | 13:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta coloca unha placa no Monte do Gozo para dar a coñecer os dereitos humanos aos máis novos

Forma parte da primeira “Ruta dos Dereitos Humanos”, un proxecto en curso levado a cabo pola asociación estadounidense sen ánimo de lucro “International Solidarity for Human Rights”

05/05/22 | 12:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta roda nos escenarios emblemáticos do Camiño unha nova edición da campaña “Camiña a Galicia”

O vicepresidente primeiro en funcións, Alfonso Rueda, asistiu á gravación do audiovisual na praza do Obradoiro, onde valorou o éxito dunha iniciativa promocional que dará a coñecer o Xacobeo por todo o mundo nun ano no que Galicia está de moda

05/05/22 | 12:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Goberno galego inviste case 40.000 euros en actuacións de corrección de impactos paisaxísticos en edificios públicos e equipamentos no concello de Ares

Martina Aneiros destacou o éxito da convocatoria de 2022, pois a Consellería de Medio Ambiente ampliou o crédito inicial esta mesma semana, e avogou por seguir apostando por “instaurar a cultura do fermosismo e a humanización”