Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

09/05/22 | 11:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta escolle os 10 finalistas da súa segunda edición

O comité de selección avaliou as presentacións dos 15 aspirantes, aos que puido interpelar sobre as súas previsións e modelos de negocio de cara á saída aos mercados

08/05/22 | 13:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta promociona o Xacobeo e o destino Galicia en Italia e no País Vasco en dúas feiras turísticas

A comunidade estivo presente esta fin de semana nas feiras “Expovacaciones”, en Barakaldo e na “Travel Show 2022” en Roma co obxectivo de seguir a promover a nivel internacional a celebración do Ano Santo

07/05/22 | 16:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia as rondallas de Ferrol como exemplo de éxito na promoción do destino a través da tradición

A directora de Turismo, Nava Castro, foi nomeada nesta edición Madriña Honorífica

06/05/22 | 20:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o asociacionismo entre mulleres para dar visibilidade ao liderado e ao talento feminino

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, asistiu a un encontro das asociacións Executivas de Galicia e Mulleres no sector público para estreitar lazos e sumar esforzos na loita pola igualdade de oportunidades entre homes e mulleres

06/05/22 | 19:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta define as Agrupacións de Voluntarios como piar fundamental na atención ás situacións de emerxencia na comunidade

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou no acto de entrega de medallas e condecoracións da Asociación Nacional de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (ANAV)

06/05/22 | 17:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia pide á Unión Europea que teña en conta as peculiaridades do seu sector marítimo-pesqueiro para superar os retos de futuro e que poida medrar

A Xunta destaca a importancia de que tanto a comunidade como Europa sexan conscientes de que se necesitan mutuamente para poder avanzar

06/05/22 | 15:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entrega 4 remolques de emerxencias a agrupacións de voluntarios de Protección Civil da provincia de Ourense

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, fixeron entrega hoxe deste material ás agrupacións dos concellos de Sarreaus, Beariz, San Xoán de Río e Celanova, que se suman aos xa cedidos aos municipios de Carnota e Vilanova de Arousa

06/05/22 | 12:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias confirma que o grupo británico Muse actuará o 8 de setembro en Vigo no marco do Xacobeo 21-22

A delegada territorial da Xunta en Vigo ofreceu unha rolda de prensa noa que ofreceu todos os detalles da programación musical do Ano Santo na cidade

06/05/22 | 12:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta invita a “quedar en Galicia” e a desfrutar da súa oferta da man da nova edición do Bono Turístico

O vicepresidente primeiro en funcións, Alfonso Rueda, fixo entrega en Outes da primeira tarxeta do bono #QuedamosEnGalicia22”, unha iniciativa pensada para reactivar o consumo interno en temporada baixa