Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

12/12/22 | 13:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora coa mellora de instalacións veciñais de uso social e para o abastecemento de auga en Ponte Caldelas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, visitou as obras realizadas ao abeiro do Plan específico de acción comunitaria

12/12/22 | 13:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta de Galicia contribúe con 10.000 euros á adquisición de 13 remoergómetros para Federación Galega de Remo

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou as instalacións da federación en Ferrol onde foron preparadas estas máquinas

12/12/22 | 11:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O 061 de Galicia asistiu 53 persoas por 41 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 9 de decembro ata as 23,59 horas do domingo, 11 de decembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 51 chamadas por accidentes de tráfico

12/12/22 | 11:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Fundación Galicia Europa defenderá en 2023 unha transición xusta e ordenada no marco do pacto verde europeo

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, participaron hoxe na reunión do padroado da FGE, no que se abordou o plan de actuacións desta entidade de cara a 2023

11/12/22 | 13:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa para mañá unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Lugo

Agárdase mar combinada do noroeste con ondas de ata 5 metros debido ao mar de fondo e ventos do suroeste de forza 8

11/12/22 | 11:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 446.000 euros a 10 empresas mineiras da provincia para incentivar a sustentabilidade do sector

Están orientadas a mellorar a seguridade dos traballadores, a protección ambiental e a eficiencia enerxética

10/12/22 | 10:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica reforza este ano a súa loita contra o furtivismo cun aumento de inspeccións, rexistros e denuncias

Os axentes do Equipo de Resposta Policial, o Grupo ERPOL, en colaboración coa Consellería do Mar, tramitaron 1.229 denuncias e realizaron 1.658 rexistros de vehículos e 1.082 inspeccións, con 73 persoas investigadas ou detidas como resultado.

10/12/22 | 10:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Becerreá, Baralla e As Nogais teñen en marcha o cuarto obradoiro 'Vía Künig' financiado pola Xunta con 510.000 euros

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destaca que está previsto construír dúas sendas peonís paralelas á estrada N-VI e ampliar o centro sociocultural de Baralla para habilitar un punto de atención aos peregrinos

09/12/22 | 21:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade

A Xunta reafirma o compromiso coa innovación no eido das doenzas neurodexenerativas

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, participaron na poxa solidaria organizada na Coruña a favor da Fundación Degén, centrada na investigación e divulgación destas enfermidades

09/12/22 | 16:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes