Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

03/06/22 | 15:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Xacobeo e Pequestrelas alíanse para descubrir o talento emerxente con acento vigués

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o promotor do concurso, Kike Corbacho, presentaron hoxe unha nova edición deste certame, que arrancará o vindeiro día 9 coas audicións e rematará o 8 de xullo cunha gala final

03/06/22 | 14:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na mellora dos locais sociais das asociacións de veciños San Xorxe de Cereixo e Santa Eulalia de Matalobos no Concello da Estrada

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe as actuacións levadas a cabo a través das axudas do Goberno galego

02/06/22 | 17:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O bono turístico “Quedamos en Galicia 2022” ten adheridos 50 establecementos na comarca do Barbanza

O delegado da Xunta visitou, esta mañá, os Nidos de Carnota, un dos locais dispoñibles na selección deste bono

02/06/22 | 14:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Martina Aneiros pon en valor o traballo de investigación da Xunta sobre a orixe dos restos urbanos atopados nunha parcela do Rexurbe en Ferrol Vello

A representante do Goberno galego agradeceu o traballo do arqueólogo pero fixo un chamamento á cautela. “Serán os técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural os que teñan a última palabra nas decisións a adoptar sobre a parcela”, dixo

02/06/22 | 14:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias inaugura en Vigo a exposición en homenaxe ás mulleres que lideran a defensa dos dereitos humanos

A delegada territorial da Xunta en Vigo participou no Calvario na apertura da mostra “De oficio, defensoras: fotografías e voces de activistas arredor do mundo” organizada pola Coordinadora Galega de ONGD

02/06/22 | 13:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia ao concello de San Cristovo de Cea na adquisición dun vehículo para a protección do medio ambiente e de espazos naturais

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, desprazouse hoxe ata o Concello para comprobar as actuacións que se levan a cabo coa axuda do pick-up financiado cunha achega do Goberno galego

02/06/22 | 11:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia acolle unha reunión do Comité Europeo das Rexións para debatir sobre a seguridade alimentaria no contexto da guerra en Ucraína

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, inaugurou hoxe a reunión da comisión NAT do Comité Europeo das Rexións celebrada en Santiago de Compostela

01/06/22 | 21:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta propón que o estadio municipal de atletismo de Balaídos pase a denominarse ‘Alfonso Posada’ na súa homenaxe

O Goberno galego instalará un módulo de atletismo no IFEVI e xa lle trasladou ao Concello de Vigo a súa conformidade cos termos xerais da remodelación das pistas de Balaídos

01/06/22 | 18:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa destaca as innovacións da 55ª edición do Rallye de Ourense que seguen mantendo vivas a "química e a maxia" de Estanislao Reverter

Terá lugar do 16 o 18 de xuño e conta cunha achega de preto de 16.000 euros da Xunta de Galicia

01/06/22 | 18:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avanza na implantación dunha nova aplicación de rexistro de policías locais

O director xeral de Emerxencias e Interior presidiu hoxe a reunión da Comisión de Coordinación de Policías Locais, na que se deu conta dos procesos selectivos dos últimos anos centralizados pola Xunta a través da AGASP